|
A bitácora da semana (XVI): O Cabanel do meu avó |
Correo-e
|
|
sábado, 12 de julio do 2008 |
|

A cabalo temporalmente entre Italia e a Costa da Morte, Fernando Montero Cambeiro, nado de Cee, pero do Ézaro de corazón, acaba de rematar a súa aventura estudiantil co proxecto Erasmus. Un ano en Perugia no medio da súa carreira de INEF, que cursa na Coruña. Desafoga no seu espazo, O Cabanel do meu avó, no que amosa sen cortarse nadiña, as súas impresión sobre as súas experiencias. Xa o coñecemos da súa colaboración neste diario "E ti que fas en Perugia?", sección que trata de involucrar á diáspora costeira. Co seu Aquí non quedo a vivir abriu a sección e deixou claro cales foron as súas impresión logo de case que un ano de estancia na vila italiana. A costa tira moito. Animamos de paso ás xentes da diáspora a que participen nesta sección que non acaba de arrincar. Moitas gracias Fer por participar neste diario, e segue colaborando dende a casa que aquí estamos encantados de contar contigo. Novas relacionadas Bitácoras anteriores Fonte
|