|
A revolta campesiña de Quilmas non cesa |
Correo-e
|
|
jueves, 17 de julio do 2008 |
|
A revolta campesiña non cede en Quilmas. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa continúa co seu curso e coas práctivas de cultivo. Os traballos realízanse nos terreos que os cveciños puxeron en mans da comunidade de bens, onde a Consellería de Pesca quere construir a ampliación da piscifactoría. A profesora Lucía Ferreiro Fernández achégase a aldea carnotá cada semana e as clases non baixan das 4 horas. Ademais, a cooperativa está traballando cun grupo de técnicos para a creación un proxecto integral, que abranga a todos os terreos da comunidade de bens. Mostras de terra xa foron levadas a analizar para que se determinen cales son os mellores produtos para cultivar. Procúranse sempre os produtos propios da agricultura tradicional galega coma leitugas, fabas, tomates e repolos. A cooperativa xa non para e vai continuar desafiando o modelo de progreso que prantexan as grandes piscifactorías. GDR Xosé Manuel Casais, membro da cooperativa e presidente da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, participa na xunta xestora provisional do Grupo de Desenvolvemento Rural número 26, que este sábado ten a asemblea constituinte. Casais denuncia o perigo que corre unha das mesas sectoriais do Grupo: a mesa medioambiental. Para Casais é unha das máis importantes e no debería ser eliminada. Novas relacionadas Fonte
|