|
A bitácora da semana (XVII): O Ézaro en fotos |
Correo-e
|
|
domingo, 20 de julio do 2008 |
|

Ben coñecido é o mundo submariño da vila dumbriesa do Ézaro. Xa pasábamos a semana pasada por alí para coñecer o Cabanel do avó do bo de Fer. Hoxe visitamos a Juan Louro e ás súas marabillosas fotos. Ézaro en fotos danos unha volta pola vila dumbriesa e por toda a Costa da Morte, coas imaxes máis impactantes e máis singulares da bisbarra, como esta do río Xallas antes de caer (ou de non caer máis ben) ao mar na fervenza da vila. Como ben anuncia o propio Juan, trátase dunha páxina dedicada a mostrar paisaxes, costumes, xente da Costa da Morte, en definitiva. Sen máis, animávosovos a que fagades unha viaxe pola Costa da Morte da man de Juan Louro, ao quelle damos as gracias e os meirandes parabéns por poñer a súa visión da vida ao noso alcance. Bitácoras anteriores Fonte
|