Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Radios Unidas  Correo-e
jueves, 24 de julio do 2008

Esta semana o concello de Corcubión chegaba a un acordo coa xuntanza da semana pasada entre os membros da corporación municipal e os colaboradores da radio. De aí, e da boa relación que ten Óscar M. Rey Calo, un dos responsables da radio cormelá, con varios colaboradores da Neria, surxíu a idea. Logo da aprobación do alcalde corcubionés, Francisco Lema, Chisco, Óscar realizará os traballos técnicos para que a Radio Neria volva ser un falar.Image

A Radio Roncudo aparece neste complicado momento para a radio municipal corcubionesa, trala marcha do único profesional da emisora por falta de presuposto. A unión de ambas radios chega coa finalidade de que non esmorezan estas preciosas iniciativas radiofónicas de interese na nosa terra. Ao tempo isto servirá para unir máis o norte e o sur da Costa da Morte, que precisa dun desenvolvemento real da comunicación interna. Ambas emisoras, continuarán mantendo a súa imaxe e independencia de actuación.

Así, a partir deste sábado, Radio Roncudo nas Terras de Fisterra, pero tamén Radio Neria na Comarca de Bergantiños. En resumo Radio Roncudo-Radio Neria, escoitarase en Bergantiños no 106.1FM e nas Terras de Fisterra no 107.8 FM.

Dende este diario vencellado á Radio Neria, queremos agradecer a labor de Adrián Leira e de Óscar M. Rey Calo por tirar para adiante de esta iniciativa, e quere felicitar a todos os colaboradores de ambas emisoras por manter vivas estas iniciativas que non fan senon facer que a nosa bisbarra fique cada día máis unida.

Fonte

Fonte

  • Redacción.
  • Nota de prensa da Radio Roncudo, da man de Óscar M. Rey Calo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com