|
A deputada do Grupo Provincial do Partido Popular, e voceira do PP de Vimianzo, Carmen Borbujo, quere voltar a poñer sobre a mesa un costume máis que eficaz e sostible. A reutilización do abono caseiro, dos refugallos orgánicos que xeramos día a día está, por fin, sendo un problema que dende as administracións queren tratar directamente. A voceira do PP de Vimianzo, que presentara hai pouco unha moción para que o concello se inscribise no programa, quere agora que sexa a Deputación a que participe, ademais de lembrar que xa a anterior lexislatura do PP, xa se pensaba a nivel global a reutilización do abono orgánico. Lembrou que a corporación actual só retomou o asunto a modo particular, con este programa de compostaxe caseira. Deste xeito, a deputada provincial do PP quere que a Deputación participe na compra e promoción do programa, ademais de colaborar cos concellos para que os composteiros cheguen ás casas con máis facilidade. Así, se ten unha pequena ou unha horta máis grande, pode pedir no seu concello que dende Sogama veñan e lle instalen o composteiro a través deste interesante programa. Dende a nosa redacción, dende a que levamos varios meses facendo fincapé na importancia deste programa, queremos fecilitar e agradecer a resposta á iniciativa por parte do equipo de Carmen Burbujo. Nota de prensa do PP Dª. CARMEN BORBUJO MARTINEZ deputada do Grupo Provincial do Partido Popular, para o seu tratamento na Sesión Plenaria da Corporación, ao amparo do disposto no artigo 71.6 do vixente Regulamento Orgánico desta Deputación, presentan o seguinte ROGO SOBRE O PROGRAMA DE COMPOSTAXE CASEIRO: Exposición de Motivos A Consellería de Medio Ambiente e a empresa Sogama, iniciaron un programa piloto de compostaxe na Mancomunidade do Ribeiro que foi estendido a outros concellos , como é o caso de Cerceda ou Carballo. O programa, consiste na entrega dun composteiro de forma gratuíta ás familias interesadas a traves dos concellos que formen parte da iniciativa. O composteiro é un recipiente onde se colocan os residuos *organicos xerados para transformalos en compost, abono natural de gran calidade, que substitúe aos fertilizantes químicos favorecendo por unha banda a xestión dos residuos orgánicos polas familias redundando no seu propio beneficio e por outro a mellora do medio ambiente. Este programa vai dirixido sobre todo ás vivendas unifamiliares que xeran aproximadamente un 50 ou 60% de residuos organicos que poden reconverterse en abono para o xardín ou para o horto. De forma tradicional na Galicia rural os residuos orgánicos reutilizábanse, costume que se vai perdendo entre os máis novos así coma nas novas familias e que con este programa pódese concienciar a este sector da poboación do uso de mecanismos alternativos naturais fronte aos químicos para favorecer a conservación do medio ambiente. A Consellería a manifestado a importancia das Deputacións neste proxecto e a súa colaboración, descoñecida por outra banda polo noso grupo, aínda que non dubidamos en apoiar esta iniciativa por que consideramos que desde este Organismo pódese favorecer a súa implantación nos distintos municipios da provincia con campañas de divulgación ou con medios económicos por exemplo. Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Popular Provincial expresa o seguinte ROGO: Información precisa no caso de que se estea realizando algún tipo de xestión ou de acordo sobre este tema coa Consellería de Medio Ambiente,e de non ser así comprobar se o proxecto sobre xestión de residuos urbanos que Sogama vai realizar a través dunha subvencion aprobada por esta Corporación no expediente de modificación de créditos do pleno anterior, inclúese un apartado relativo ao programa de compostaxe caseira . En caso negativo rogariamos que esta deputación tomase a iniciativa de colaborar coa Consellería na xeneralización deste proxecto a todos os Concellos da Provincia. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do PP provincial.
|