Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
As Escolas de Fútbol Base Prodemar seguen no aire  Correo-e
martes, 05 de agosto do 2008

Cada día a historia da Escolas de Fútbol Base Prodemar sorprende máis a propios e extraños xa que a trama seguida polos seus protagonistas non sería capaz de ser concebida polo guionista máis inxenioso de Miami Vice. A medida que avanza a película, saen a luz cousas máis turbias e enrevesadas.

O último capítulo desta peculiar novela, co que parecía que se pechaba a polémica, era aquel que do que se fixo eco este diario, e que pouco ou nada aparece no resto de medios, polo cal o Concello se faría cargo dunhas escolas de fútbol municipais que contarían co financiamento económico de Prodemar. As escolas estarían completamente desvinculadas das anteriores e serían dirixidas, como dixerons os responsables municipais, "lonxe das mentes iluminadas que levaban a EFB Prodemar, cos pés na terra e con obxectivos realistas".

Sorprendente inscrición

Mais ninguén contaba coa sorpresa que se lles aveciñaba, pois a directiva da agonizante escola decidiu unilateralmente inscribir para a vindeira campaña os equipos de Cadetes e Infantís sen contar con eles e sen intención aparente de presentalos a competición, imposibilitando a entrada da corporación municipal debido a vixencia das fichas dos antigos xogadores e á expiración do prazo de inscripción.

Esta manobra sacouna da manga a EFB coa intención de que o Concello se faga cargo da débeda de 18.000€ contraída con Arecris pola adquisición do material. Esta opción foi descartada de plano polo alcalde que aparte de considerala inadmisible advirte que o ente municipal podería incorrer nun delito de prevaricación.

Reunión

Ante este difícil panorama o día 1 de agosto o concello convocou unha reunión para explicarlle aos pais a situación, nela cabe destacar a presencia do Alcalde, José Oreiro, a Primeira Tenente de Alcalde, Marisol Piñeiro, o presumible coordinador da escola Alfredo Cambeiro, os adestradores do equipo de benxamíns da EFB, Fernando e Marco. Tamén parecía que pasaba por alí un dos membros da antiga direciva, pero só de forma testimonial pois non dixo palabra en toda a reunión e en canto as cousas se puxeron un pouco feas puxo pes en polvorosa sen sequera despedirse dos alí presentes.

Chegou, tarde, pero chegou, o presidente Argimiro Castiñeira para situarse no centro do corro que formaban os presente cal gladiador romano para expoñer o seu punto de vista sobre o conflicto que se vive. Amosouse consternado e por momentos parecía que se viña abaixo. Recoñeceu os erros e a xerencia neglixente da escola mais o seu dedo acusador foi implacable.

Sacudiuse toda culpa dicindo que a súa vontade era a de deixar o clube a principios de temporada pero que lle ofreceron quedar de xeito testimonial e sen responsabilidade ningunha sinalando a unha figura, a do Coordinador Quique Pampín como responsable de todo o manexo da escola así como das contas da mesma. O presidente quixo lembrar que durante os ultimos meses el mesmo tivo que pagar árbitros e desplazamentos do seu bolsillo. Tamén comentou numerosas cifras, nomes propios, patrocinadores que non cumpliron, etc. Os alí asistentes eloxiaron o seu xesto de ser o único que dou a cara dende o momento en que se lles dou porta a todos os xogadores.

Solucións

Finalmente, o que parece que vai ocorrer é que Prodemar se vai retirar da competición e as escolas municipais intentarán ocupar a plaza vacante. Para que isto ocorra, deberase agardar o visto bo da Federación. Esperemos que este sexa o último capítulo dun culebrón que xa semella durar demasiado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Darío Domínguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com