|

Esta pasada fin de semana, Quilmas recibía unha chea de xente chegada de todo o país, para disfrutar das Xornadas Culturais que organizaban Adega-Costa da Morte, a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e a Asociación de Veciños Raíña Lupa. Finalmente foi un éxito total de organización e de asistencia, xa que personalidades do eido político, social e cultural galego pasaron pola vila carnotá. Xentes como Camilo Nogueira, o escritor e xornalista Carlos Taibo ou o especialista en aves Xurxo Mouriño, disfrutaron dos paseos en barco ou do concerto de música medieval impartido pola medio polaca e medio galega Paulina Ceremuzynska, que o propio presidente das 3 entidades organizadoras, Xosé Manule Casais, calificaba de espectacular. Chegaron ademais xentes de Lugo, algún turista madrileño despistado, outros de Rianxo, Arzua, Melide, Betanzos e un par de grupos organizados dende Santiago. Houbo degustación de tortillas e empanadas feitas na casa, i é que a participación da aldea en cada evento é tremenda. Casa cousa que hai, ben sexa festexo ou reivindicación, aló baixa a vila enteira a facerse escoitar.
Entre os detalles, salientar que ante a masiva asisntencia de público para o roteiro marítimo ata Fisterra e ás Lobeiras, foron necesarias dúas viaxes a bordo da embarcación Cruceros Carnota, que en total subíu unhas cen persoas. A proxección da Mariñeira no mesmo lugar da rodaxe foi moi emotiva, e ademais, a presidenta de Adega e poeta Adela Figueiroa, presentou os seus novos libros de poesía. En conxunto, os organizadores estan encantados co éxito, un éxitazo, cando a xente saúda e dá parabéns ha de ser por algo, reflexionaba Casais. Fonte
|