Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Concello de Ponteceso presenta o libro “A música en Corme” de Jesús Méndez Torrado  Correo-e
sábado, 09 de agosto do 2008

Este domingo 10 de agosto de 2008 ás 17:30h terá lugar en Corme Aldea, na casa dos veciños de Santo Hadrián, o acto de presentación do libro “A música en Corme” escrito por Jesús Méndez Torrado.Image

A música en Corme, con premios de Xosé Manuel Varela Varela, Xerardo Blanco Torrado e Xosé Neira Vilas, supón a construcción dunha fiel reportaxe da historia no seu plano musical, a historia non só da música en Corme, se non tamén de Bergantiños e da Costa da Morte.

A obra recibe, antes de ser editada, o 1º Premio 2006 do Instituto de Estudos Bergantiñáns, sobre todo, pola labor documental feita por Méndez Torrado.

Hai historias que só poden ser contadas por certas personas, e hai libros que só poden ser escritos por determinados autores, este é o caso. Méndez Torrado ou Suso de Basilio é director da Banda Municipal de Música de Ponteceso e con ampla traxectoria musical no país. El tamén naceu na pequena Froxán, na parroquia de Santo Hadrián de Corme, na capital da música de Bergantiños ata boa parte do século XX.

O Concello de Ponteceso comprácese en editar esta obra que contribuirá ó non esquecemento da nosa historia, neste caso a nosa historia musical.

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com