|
A bitácora da semana (XIX): O blog da Escola de Vela Cataventos |
Correo-e
|
|
sábado, 09 de agosto do 2008 |
|
Polo peirao de Corcubión andan Noemí e Marcos sempre pendientes dos rapaces. De arriba para abaixo, os cativos sacan as súas embarcacións, arránxannas cando están avariadas, axudan aos novos... Todo xa está preparado para que os pequenos aprendan con xeito a navegar nun barquiño de vela. Coa participación do Clube Marítimo Carrumeiro, a Escola de Vela Cataventos ofrece unhas posibilidades preciosas de disfrutar da ría de Corcubión. Colles unha piragua e vas dar unha voltiña ata o Castelo de Ameixenda, volvendo por diante do Castelo do Cardeal canda os golfiños que saltan e xogan ao teu redor. Unha experiencia mística disque iso de andar polo medio dos golfiños.  A Escola en verán funciona de marabilla, pero en inverno é máis difícil sobrevivir disto. Este pasado curso, Marcos e Noemí conseguiron involucrar a varios colexios da zona para que os rapaces que se apuntasen puidesen realizar o seu bautismo de mar, e logo seguir practicando. Acaso non é unha actividade estupenda para educación física? Tamén participan nas regatas e en calquera clase de exhibición que ocorra pola zona. De aí, as preciosas imaxes que vemos no seu blog e mais no seu recuncho de Fotos. Non é que sexan os blogs con máis mobilidade da bisbarra, pero aí están, e ben merece a pena dar unha volta pola ría corcubionesa da man destes amantes do mar e do vento. Novas relacionadas Bitácoras anteriores Fonte
|