Xoves, 08 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: Vida despois da morte  Correo-e
sábado, 09 de agosto do 2008

Onofre Leira, leva toda a súa vida matando. Quero dicir, matando animais; non vaia ser que a xente pense, que mata tamén persoas. Aínda que según propias testemuñas, máis de trinta ou corenta veces, se vío tentado de facelo, xa que moitas veces, os animais que el mataba, demostraron moita máis humanidade ca certas persoas achegadas.

Unha de estas persoas inhumanas, foi seu propio irmán, que desde moi novo, non dudou en mentir nin en falsear realidades, para beneficiarse, non só das caricias de súa nai, senón que tamén utilizou a mentira, para que Onofre levara todas as hostias, zapatillazos e escobonazos posibles cando súa nai necesitaba da violencia para desfogar a violencia con que ela era tratada polo seu home.Image

Vivío Onofre en un continuo estado de alerta, ante a nova mentira de seu propio irmán, e foi de este xeito, cando tendo sete ou oito anos, empezou a frecuentar a casa e a compañía de Luís o Loubán, a sazón o matachín máis famoso de toda esta bisbarra e parte das limítrofes. Contábase do Loubán, que tiña incluso matado algún porco, sin necesidade de estar fisicamente no lugar; solo con enseñarlle unha foto do porco en cuestión, e ao porco outra do Loubán, o porco morría no prazo de media hora sen remisión.

Onofre, empezou matando os gatiños da camada da gata do Loubán, pero isto, fíxoselle aburrido as tres ou catro camadas, polo que en pouco tempo empezou a familiarizarse xa directamente cos coitelos e martelos do seu mentor. Despois dos gatos, comezou as prácticas co martelo, que no futuro utilizaría para sacarlle o sentido a os becerros, antes de acoitelalos, e foi así, como se estivera a Deus rogando, como foi co mazo dando, primeiro algún insecto, e despois directamente xa algún conexo, can e calquera animal que se lle puxese a tiro.

Co coitelo non empezou hasta que collío uso de razón, que como ben sabedes, cóllese nada mais facer a primeira comunión, polo que tampouco estuvo tanto tempo sin acoitelar cousas con vida. E así foi transcurrindo a vida de Onofre, que desde os catorce anos, foi o matachín oficial, despois de que o seu mestre, aparecese un día colgado de un pino. Conta no seu corricalo con tres mil oitocentas trintatres mortes de porcos, setemil conexos, dousmil seiscentos vinte cabritos, e dous mil trescentos cincuenta e catro becerros, así como tamén despelexou e torou mais de trescentos porcos bravos.

Certo é que outros animais, como raposos, cervos, porcos teixos, e unha xirafa do Circo Marina, non se contabilizan por ser cousa aparte da súa profesión, pero por estes lares, sábese que nin as pragas de Exipto mataron tanto como Onofre matou. Pero os anos foron pasando e Onofre non ten xa relevo, por que ninguén agora quere matar, polo que cada día vémolo pasar pola rúa ca cabeza baixa e o pensamento lonxe, triste, apático.

Onte foi o último día que Onofre paeou a sua tristura polo pobo, xa que hoxe a primeira hora da mañá, a nova corrío como un regueiro de pólvora. Onofre, matouse a si mesmo. Cravouse un coitelo no corazón, e recollío toda a súa sangre nun caldeiro, para que o primeiro que o atopase, puidera facer unhas morcillas únicas no mundo. Así que xa nos estamos preparando, para que en uns días, os amigos e achegados de Onofre poidamos rendirlle o último tributo. Dioloteña na gloria.

Columnas anteriores

  • Moitos misterios.
  • Colección.
  • Cantar por non chorar.
  • O corvo.
  • Os recordos.
  • Inténtao.
  • Rufino Ramos.
  • O Lontra.
  • Ollos.
  • Leoncio.
  • O listo.
  • O neno da direita.
  • Primavera.
  • Sonrisa profunda.
  • Saturio.
  • Feitos, cousas e costumbres.
  • La Legión.
  • Algúns rostros na memoria.
  • Fonte

     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com