Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Pequenas consultas para Jorge Mira  Correo-e
jueves, 14 de agosto do 2008

Encantado de participar da Xunqueira, e logo de argallar un máis que divertivo pregón a modo de xogo de palabras, aproveitamos para falar un pouco cunha das cabezas máis priviliexiadas de toda a Costa da Morte.

O polifacético baiés Jorge Mira xa podería terse desvencellado da Costa da Morte, e ficar en Santiago algo olvidado da Costa. Pero semella que non é tan sixelo desprenderse de nós malia codearse con premios nobels e demais. Involucrado no desenvolvemento do seu concello e da bisbarrra apunta varios datos que cómpre resaltar.Image

Baixo un localismo feito entelequia do pasado, Jorge confía en que o potencial da Costa da Morte sexa o motor do noso crecemento. Os recursos mariños, un gran potencial enerxético, o feito de ser un verxel... son moitas as características que distinguen á nosa bisbarra, pero aínda hai moito por facer. Por exemplo, Jorge denuncia o pouco coidado que facemos do noso patrimonio natural, calificando de unha grave carencia educativa ese neno tirando o papel dos gusanitos ou ese mariñeiro tirando o bidón.

Preguntámoslle por algunha medida que mellore o presente e Jorge teno claro. Alén da extrema necesidade dunha mellor vertebración do transporte público, Jorge cre preciso crear un regulamento que obrigase ás empresas que extraen recursos enerxéticos da Costa da Morte a investir nela parte dos grandes beneficios que obteñen. Interesantísimo, como toda a entrevista.

  • Que lle supón participar dunhas festas tan importantes?

É un grande honor. A Xunqueira, unha festa tan grande, glamourosa, mítica para min... e de repente acabo elevado ao pedestal de pregoeiro, imaxínate...

  • Como chega a ler pregón da Festas da Xunqueira?

Pois do xeito que ocorren estas cousas: alguén do equipo organizador das festas deixa caer o meu nome como pregoeiro (moitas grazas a.!), os demais aceptan e a cousa vai para diante.

  • Científico, profesor, presentador, deportista... Como dá feito co tempo?

Non teño responsabilidades familiares, vivo só,... e sobre todo organizo o meu tempo dun xeito espartano. Digamos que vou podendo con todo; bueno, ía podendo con todo, porque dende que creei o programa conciencia (http://www.usc.es/conciencia ) a carga de traballo disparóuseme (dá un traballiño que non vexas...).

  • Cantas veces lle preguntaron pola dualidade catoliscismo-ciencia?

É a pregunta que sae en tódalas entrevistas ao poñer enriba da mesa a miña condición de catequista (levo xa 25 anos!). A resposta xa a teño automatizada: non ten nada que ver unha cousa coa outra, a ciencia versa sobre o que é medible, tocable dalgún xeito. esas son características que non se producen, de xeito absoluto, na cousa relixiosa, e polo tanto impiden calquera achegamento científico.

  • Como ve "rivalidade" entre Baio e Zas? Van polos mesmo camiño?

Esa rivalidade é unha entelequia do pasado. O concello de Zas empezou hai un tempo unha dinámica de progreso, dende a unidade, que o está a levar a un desenvolvemento que a xente xa percibe no día a día.

  • Cree que o novo alcalde está a mellorar as cousas?

Sen dúbida. O listado de logros e melloras que acadou en tódalas frontes, en tan só un ano de mandato, non ten precedentes na historia do concello. Todo se debe, fundamentalmente, a enorme capacidade de xestión e de traballo do actual alcalde.

  • Como ve o futuro da costa da Morte?

Aínda que sempre se deben sinala-las carencias, vexo que se mellora (lembro as épocas nas que viaxar de baio a carballo era como facer un raid...). O illamento endémico desta zona está a desaparecer. Ademais temos uns sinais diferenciais que fascinan a todo o país, e iso supón unha vantaxe, unha oportunidade e un privilexio.

  • Cal é papel que asigna a Neria e a nova entidade que xestiona os fondos do GDR?

O papel é vital, obviamente, atendendo tanto ao tamaño dos fondos como ao feito de que sexan os últimos que cheguen da UE... E claro, se os fondos son vitais, imaxínate o papel do organismo que os xestione... será fundamental un enfoque profesional e obxectivo desa xestión.

  • Que alternativas económicas ve para o seu desenvolvemento? Debemos fialo todo ao turismo?

Sería un erro, por suposto. Hai que facer iso que os expertos financeiros chaman "diversificación de negocio". Eu traio a moitos Premios Nobel á Costa da Morte, e todos eles coinciden na identificación das súas virtudes: os recursos mariños, un gran potencial enerxético, o feito de ser un verxel ...

  • Ocórreselle algunha medida dinamizadora?

A mellor e principal medida dinamizadora que se me ocorre así a bote pronto sería de carácter legal: un regulamento que obrigase ás empresas que extraen recursos enerxéticos da Costa da Morte a investir nela parte dos grandes beneficios que obteñen. O vento e os ríos da Costa da Morte son os nosos pozos de petróleo, e ás empresas que os explotan o vento e a auga estanlles a saír gratis...

Ademais, aos recursos agrarios aínda lles falta algo de modernización. Eu coñezo a xente que acometeu certo tipo de cultivos e non dá a basto para satisface-la demanda...

Ah, por certo, aínda que sexa unha cousa que pode parecer menor: unha mellor vertebración do transporte público. Como boto de menos o funcionamento de transportes Finisterre!! (se non o digo rebento!).

  • Cre que coidamos axeitadamente do patrimonio natural da Costa da Morte?

Non, e iso é unha grave carencia educativa. Un ve cousas desesperantes día a día, mesmo en pequenos detalles: é demoledor ver como un neno pequeno, despois de acabar un paquete de gusanitos, tira sen ningún remordemento a bolsa de plástico ao chan (mesmo tendo unha papeleira a escasos metros!). Se fai iso de pequeno, de grande non terá problema en tirar un bidón ao mar, unha roda ou aceite ao río, deixar un frigorífico na cuneta, talar unha carballeira...

Á marxe diso ves auténticos crimes, e poño outro pequeno exemplo: haiche moito espabilado con escopeta que non dubida en dispararlle a calquera cousa que se mova, sexa ou non especie protexida (un miñato, por exemplo), sen decatarse do mal que está facendo...

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com