|
Múltiples misterios rodearon tanto a vida das xentes coma dos lugares de esta esquina do mundo, de esta esquina da Costa da Morte. Xa non vou falar das almas en pena que, ainda hoxe nas noites negras sin lúa, recorren os montes e os acantilados, que aquí, viron pasar as estrelas polo ceu, durante millons de anos. Salen estes seres, das furnas, fondas coma o mesmo mar e abundantes coma a misma area. Múltiples tipos de eternos mortos vagando por este mundo, que por veces non sabemos, se é real, ou forma parte, con nós dentro, do mundo deses mortos, que xa nunca nos abandonarán. Hai un pouco máis de 60 anos, o Porto de Valarés, servía para cargar en pequenos barcos, con nomes moi descriptivos como “Rutilo” ou “ Titanio”, esa carga que tanto para os Nazis coma para os Aliados, era de un valor incalculable, xa que o mineral que de aquí se sacaba, na chamada Mina de Valarés, era o que utilizaban entre outras cousas, pra blindar os tanques que utilizaban na guerra. Os minerales, que se encontraban na area da plaia, eran o Wolframio, Titanio e hasta Ouro, que se foron acumulando nese rincon da Ria de Corme e Laxe, durante millons de anos. Problablemente arrastrados polas augas do Rio Anllons, e tamén traidos polo mar, de unha mina submarina, da que solo uns poucos conocemos a sua exacta ubicación. Por mar viñan tamén, a este porto de Valarés, os nazis, que pasaban dias e meses nas barrigas dos submarinos encargados de torpedear os convois de barcos aliados que pasaban polas augas de Galiza. De esas barrigas dos submarinos, que coma monstruos, dormitaban nos fondos areosos da Ria, salían por veces, e pasando totalmente desapercibidos, dirixianse, ben aos Cines Olga e Avenida de Corme, ou a Vieira de Ponteceso, donde a través do No-do, lles eran dadas ordenes e mensaxes cifrados, que despois eles transformaban en barcos afundidos. E por mar tamén, chegaban por veces alegrías. Foi moi comentada e disfrutada, unha na que un dia, cando as xentes que viñan a traballar a mina, viron sorprendidos, como, a color branca da area, se transformara, nunha sola noite, en color laranxa. O motivo non foi outro, ca miles, ca centos de miles de mandarinas, que debido, posiblemente ao afundimento de un barco por un torpedo lanzado polos submarinos nazis, viñeron, coma un rebaño de ovelliñas, a varar na plaia de Valarés, correndose a voz por toda a bisbarra, e, enchendo, non solo as barrigas da necesitada xente de por aquí, senón tamén enchendo de alegría os corazóns de vellos e rapaces, que nunca desde aquela, volverían a comer tantas mandarinas coma aqueles dias se comeron. Columnas anteriores Fonte
|