|
O recuncho da Costa (XL): A praia de Arnela |
Correo-e
|
|
domingo, 17 de agosto do 2008 |
|
Para celebrar este 40 aniversario imos cara un dos nosos recunchos favoritos. Sempre alonxada de multitudes gracias ao seu incómodo acceso, a praia de Arnela, no concello de Fisterra, móstrase como un lugar aínda salvaxe, cunhas olas espectaculares e unha morea de aves de varias clases. Hai bos acantilados por ambos lados da praia, aos que se pode acceder por sendos camiños. Nós dimos un paseo pola parte da esquerda da praia e os acantilados que baixan tirando cara o sur son así de espectaculares, como podedes comprobar na última foto. Cómpre quedarse coas dunas que nos fan de sendeiro ata chegar á mesma praia, un pracer lanzarse por elas costa abaixo. Como chegar Baixando dende Cee pola estrada cara Fisterra, unha vez que entramos na recta da Anchoa, a 100 metros logo de entrar no lugar de Escaselas hai un desvío cara a dereita que pon O Castro, Vilar, praia do Rostro... e varios lugares o e máis. Collemos por aí e tiramos ata pasar o lugar de Hermexilde, onde unha vez que encaro a costa abaixo teño que coller cara a esquerda dirección Igrexa, O Castro e Vilar. 500 metros máis adiante temos un cartel á dereita que indica cara Arnela. Collémolo e a 50 metros hai un sinal de "5 Tn" que temos que coller á esquerda e atravesar o lugar de Vilar. De aí en 500, en fronte de 4 novas casas que aínda están en contrución, está o aparcadoiro. De aí, aínda queda unha boa baixada por camiño e dunas ata chegar á fermosa e paradisíaca praia. Atentos á volta, Segundo paso o lugar do Vilar, e no quédanos diante todo o precioso val entre Mallas e o propio VIlar, co mar e o monte Pindo de fondo. Unha vista preciosa. Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Outros vídeos Fonte - Redacción.
- Fotografía de Rosaura Romo.
|