|
Isto do cambio climático dá que falar, e tanto. Xa estamos a vivir un verán de época. Ninguén sabe se será o devandito cambio ou se será o devir natural do planeta. Pero algo algo sospeitoso si que trae este verán de nubes e choivas. No seo da voráxine inverno-estival, o grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto, da man de Rafael Lema, logo dunha xuntanza coa organización ambiental internacional Unión Mundial para a Natureza (UICN), e con datos na man, cóntanos as súas conclusións: a Costa da Morte situarase en menos de 30 anos na mesma beira do clima mediterráneo, quedando o río Tambre como fronteira natural. Salvémonos, que imos ser invadidos de seguro. Pero antes botade un ollo as razóns e aos cambios que se producirán no noso ecosistema e na nosa paisaxe, que dan para pensar, ademais de falar. Nota de prensa do PX Dentro de trinta anos o cambio climático provocará repercusións na paisaxe galega, e a liña sur do clima mediterráneo alcanzará o río Tambre, co que as comarcas de Xallas e Costa da Morte serán as fronteiras do clima húmido atlántico. Estas conclusións despréndense dunha análise da evolución das temperaturas previstas nas próximas décadas nun encontro de traballo celebrado e a casa de cultura de Santa Comba entre membros do grupo ecoloxista PX da Costa da Morte e da organización ambiental internacional Unión Mundial para a Natureza (UICN) , que estiveron de visita o pasado fin de semana pola Costa da Morte invitados polo grupo local. De feito, PX vai organizar unha xornada de traballo no outono con dirixentes ecoloxistas internacionais e a fin de semana elaborou unha ruta de visita a espazos singulares da Costa da Morte. Datos claros Desde PX, e analizando datos globais e rexionais desde os anos 70, percíbese un remonte claro da temperatura media global e que na actualidade estamos ante un fenómeno climatolóxico anormal, con valores superiores á media global de crecemento das temperaturas en 1º C, segundo os datos do Observatorio Meteorolóxico da Coruña. Os ecoloxistas vén na man do home as modificacións climáticas e indican que estudos efectuados en Portugal detectan así mesmo que nos meses de inverno as secas iranse pronunciando cada vez máis. Segundo os ecoloxistas os datos fenolóxicos, que miden ou momento da maduración dos froitos, a chegada das aves migratorias, das xiadas, dinnos que as primeiras xiadas atrásanse varias semanas, as últimas adiántanse uns días, ou que se ampliouo ou período nos últimos anos, favorecendo ou adianto da floración e causando novas adaptacións en especies animais. Segundo os datos do programa estatal PROMES, que estuda o territorio en cadros de 50x50 km, para predicir a evolución global do cambio climático pola incidencia do CO2, os invernos en Galicia serán entre 2 e 3 graos máis quentes que na actualidade a mediados de século. No sur o incremento será moi forte, de 5 a 6 graos, e na nosa comarca ao redor de 2º. Con elo tamén se deduce unha diminución das precipitacións e o cambio da paisaxe. E clima tépedo que predomina en Galicia cambiará ao mediterráneo na maior parte do país, con puntos illados de clima tépedo e especies que desaparecerán, como as haxas. Carballos e castiñeiros tamén terán escasos espazos, e a oliveira será unha alternativa no monte para frear a erosión. Os bosques pasarán a ser emisores de dióxido de carbono ao percibir altas temperaturas e o risco de incendios duplicarase. As terras agrícolas perderán fertilidade, necesitando máis rega, pero cultivos como a vide ou o oliveiral veranse beneficiados. Isto traería consigo que na Costa da Morte poderíase dar viño aceptable e que en zonas marxinais como Betanzos melloraría moito a calidade do viño. A terra terá unha cor máis clara, cunha profusión importante da vexetación, e matogueira nas montañas. Se embargo indican nas rías, o efecto de Atlántico amortecerá os cambios na paisaxe que con todo acentuarase na zona interior de concellos como Zas, Carballo, Vimianzo, Dumbría, Santa Comba e Mazaricos. Fonte - Nota de prensa do PX, da man de Rafael Lema.
- Imaxe do río Xallas, de Manuel Patiño.
|