|
Un día destes recibíamos unha chamada dende Carnota. Era un pai enfadado. Un pai enfadado por todo os problemas que leva aguantado neste último ano e medio, e que seguen a ocorrer, arredor das categorías de fútbol base en Carnota. O pai, ilusionado con ver ao seu fillo xogando en Carnota, teme que agora todos os rapaces marchen para outro lado, porque o concello de Carnota, polo que parece logo das xuntanzas entre o concello e a federación, non poderá inscribir un equipo a nome das Escolas Municipais. De feito xa hai algún cativo que fichou por outros equipos. A situación actual é que nin as Escolas Municipais nin o Prodemar teñen equipo inscrito as categorías infantil e cadete, polo que a participación dos cativos na súa vila natal se complica moito máis. Buscando ao Valedor do Xogador Na conversa co pai surxíu a idea de onde se pode protestar. Non sabemos se existe un ente defensor dos rapaces, dos xogadores das categorías de fútbol base, pero algo habería que facer para que non se volvan a repetir situacións coma esta, nas que os carivos fican claramente perxudicados pola irresponsabilidade dos directivos. Resumo da problemática Levamos meses falando da problemática das Escolas de Fútbol Base de Prodemar. Comezaba como un proxecto espectacular e integrador, no que unha morea de rapaces terían o seu sitio no que competir ao máis alto nivel; con adestradores con carné e material de calidade, algo inusual na bisbarra. Comezaba demais, se cadra. Tan foi así que a inversión en material superou o presuposto, logo que a baixa dun patrocinador (a construtora Proxectalia) deixara as contas do clube en números vermellos a mitade de tempada. A débeda de nada menos que 18.000 euros está aínda no aire. O caso rematou de complicarse logo da formalización por parte do anterior presidente do clube de inscribir o equipo a nome de Prodemar, sabendo que sería completamete imposible competir. A intención da xogada, realizada o último día de prazo sen avisar, non era outra de que fora o concello o que collese a praza e se encargase da débeda de 18.000 euros que aínda ten no clube. Novas relacionadas Fonte
|