|
Unha das carencias máis importantes da bisbarra acaba de ser cuberta. Por fin temos un museo da electricidade. Gracias á cesión do inmoble por parte da concesionaria da explotación do río Xallas, a Ferroatlántica, á entidade supramunicipal Neria, hoxe abríase ao mediodía o novo Museo da Electricidade, ou Centro de Interpretación, que agora están tan de moda, da Costa da Morte. O museo, que será xestionado integramente pola Neria, está construido na antiga central hidroeléctrica. Arredor de 220.000 euros das arcas da asociación, chegados do Leader Plus, serán destinados a esta importante infraestrutura, que vivirá unha segunda fase de construción. O contido didáctico é a principal idea do museo, por riba do aspecto meramente turístico. Está máis enfocado aos rapaces das escolas que ao propio turista. Presentación e tirón de orellas Alí estiveron o presidente da Diputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; o alcalde de Carnota, José Oreiro, o de Vimianzo, Rodríguez Lema; o alcalde de Dumbría e expresidente da Neria, José Manuel Pequeño; o novo presidente, Ramón Vigo, e o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete. O presidente da Deputación puxo enriba da mesa un detalle que non se toca dende hai tempo: o mal uso da electricidade na nosa bisbarra. Sendo unha as zonas con menos contaminación lumínica de Europa, aínda queda moito por facer. Non sabemos a riqueza que isto supón como patrimonio natural, e non sabemos como vendelo. O noso ceo é un tesouro e o feito de ver como se ve a Vía Láctea as noites sen lúa, é algo polo que moitos turistas pagarían por disfrutar se o soubesen. Deste xeito, instou aos alcaldes a que teñan un pouco máis de coidado no uso nocturno da luz, e que moits veces hai iluminación completamente innecesaria e pouco recomendada. Que se farolas iluminando cara arriba, que se demasiadas farolas nos aseos marítimos... e así un sinfín de malos usos da luz e da electricidade. Horarios O museo xa ten dúas persoas contratadas, e ten unha oficina de información turística, sendo 5 as que ten a Neria abertas, pretendendo crear unha rede de centros. O museo estará aberto durante o que queda de verán de 11.00 a 21.00. Fonte
|