|
A Costa da Morte na vangarda do Slow food |
Correo-e
|
|
miércoles, 20 de agosto do 2008 |
|
A Costa da Morte está participar moi activamente na creación dun novo concepto culinario no país. Son varios os costeños os que participan na creación dun convivium galego do Slow food, movemento gastronómico mundial que trata de coidar a comida a lume lento. Así, dos 14 socios fundadores do ente, a metade son da Costa da Morte. Estes son a Casa de Trillo e Constante Lorenzo de Muxía; os carnotáns Restaurante-albergue Casa Pila, Restaurante Xouba, Juan Manuel Gómez e Emilio Louro, Milucho; e a Carnicería Antelo, de Corcubión. A lume lento
O propio Emilio Louro, Milucho, secretario da Confraría de Lira, falaba este mércores nas ondas da Radio Nordés no seu "Andar ao mar". Milucho resaltaba a a especial sensibilidade da Costa da Morte no coidado do xantar. Non podía ser doutro xeito, e a Costa da Morte non estará nos forums industriais pero si participa activamente en iniciativas coma esta. Vindeira cita Primeiramente o día 13 de setembro haberá unha xornada de degustación. A delegación galega do Slow food participará do Encontro Mundial das Comunidades do Alimento Terra Madre, que terá lugar en setembro en Turín. Fonte e máis información
|