|
Suka busca nova familia con Salvacadelos |
Correo-e
|
|
domingo, 24 de agosto do 2008 |
|

Esta rotwailer cun carácter encantador, con todos papeis e con chip, está buscando novo fogar. Suka, de 5 anos, non pode quedar cos seus antigos donos porque teñen que mudar e estes andan na procura dunha boa familia que queira coidala. Para atoparlle casa a estes pequenos comezamos hai case que un ano esta fermosa iniciativa de Salvacadelos, levada a cabo entre este diario e a Clínica Veterianaria Argos de Cee. Entre ambos xa van unha morea de cadelos que atopan nova familia. Se están interesados en coidar de Suka, poden chamar directamente ao 637 90 60 08, ou chamar á clínica Argos ao número 981 745 826. E boten unha ollada en Salvacadelos que sempre hai algún cadeliño agardando unha vida feliz. Fonte
|