|
"Cada vez que se pierde una cosa que se ha abandonado, no se pierde la reputación de la guerra ni la esperanza de ganarla; pero cuando se pierde una cosa que tú has decidido defender, y todos creen que la defiendes tú, entonces supone un gran daño y una gran pérdida."(Maquiavelo) Este é o "Playa de Arnela", afundiose no Cabo de Laxe a principios dos 70. Morreron todos menos dous. ¿que foi o que os salvou? ¿O medo a morrer, ou a esperanza de sobrevivir?. Disque Pandora cando abrío a caixa das maldades, a última en sair dela foi a esperanza. Seica a esperanza causa máis desdichas no mundo e nas vidas ca todalas gerras e todolos naufraxios. Disque. Eu personalmente sei que a esperanza é dañina. Eu sei que cando se necesita ter esperanza é porque non ques aceptar a morte de unha idea ou de ilusión. Pero a ilusión é iso, ilusión. Salváronse dous e morreron todolos outros. Os que morreron, ¿non terían esperanza?. Tres polo menos morreron porque se lle pinchou a balsa salvavidas, entre eles o Patrón de Costa que era de Corme. Apareceron varados na Plaia de Laxe, e ainda os corpos estaban quentes cando os encontraron. ¿Foi a falta de esperanza deles ou foi que as xentes as que se lle petou na porta na abriron aquela noite, ou se a abriron xa pasaran varias horas desde que o barco fora as pedras?. Creo que eses dioses que encerraron a esperanza na caixiña de marras que lles regalaron a Pandora, tiñan moita razón en poñer a bo recaudo semellante filla de puta, con perdón das putas. Eu non teño pensado convivir ca esperanza nunca máis, vouna desterrar do meu vivir, da miña alma. Teño esperanza en consegilo. Joder que difícil. Xa vedes, non nos podemos despegar dela, pero podemos intentalo. Vou intentar non ter esperanza. Xa non me vou amargar, tendo esperanza de que se acaben as gerras, ou de que os políticos sean honestos, ou de que non haia fame no mundo, ou que a inxusticia sea unha simple anécdota na vida dos humanos. Xa non. Polo de pronto xa non vou ter esperanza de que no vran estean bos dias pra pasear polo monte e pola plaia. E non vou ter esperanza porque eso sería o norma (o do bo tempo), e se está mal tempo, pois está. É co que é, co que temos que vivir, non co que seía, se fose. Eu tuven que vivir cunha gaivota no tellado. Resigneime, e perdín a esperanza de que se fose ela soliña. Non solo non se foi, senón que aínda por riba íxome o niño no meu tellado. Pasei de ter unha a ter catro, xa que puxo dous ovos dos que naceron dous pitos de gaivota. Foi ahí cando despertei do meu soño, coma tería que facer o fogar de Breogán. Ese día levanteime da cama cedo meñán, ca resolución firme de facerlle unha putada gorda a miña esperanza. Aquela meñán, decidín que xa non ía ter máis esperanza en que se foran a facer o niño nas Sisargas, que sempre foi o seu sitio natural. Aquela meñán, subín ó meu tellado. Na man direita levaba unhas talladas de figado encebolado que me sobraran da cea. A dous metros do niño boteille as talladas, que foron devoradas polos catro membros da familia gaivotil. En vinte minutos volvín mirar como iba de esperanza, e subín o tellado outra ves. Mortas. As catro gaivotas taban mortas. Unha delas ainda tiña algo do nervio, e movía un pouco a patiña esquerda. Na "última cea" houbo de menú, figado encebolado con estricnina, quedaron sin postre por malas. Volveredes a decir que son un animal, pero pro que no sepa direille, que as gaivotas atalora son unhas ratas con alas, que comen crias de araos e de reiseñores. E o que é o peor, cómenos os humanos a pacencia, e, como humanos que sodes, saberedes que a pacencia é unha cousa moi boa, e que debe ser mimada e buscada. Xa vedes que moitas veces buscando a solución, encontramola. En cambio, o que nos fai non buscala é, eso tan maléfico, eso tan dañino pras nosas vidas. Eso que Pandora deixou escapar poo mundo adiante. A puta Esperanza. Columnas anteriores Fonte
|