|
Continúa en proceso de formación o Grupo de Acción Costeira da zona norte da bisbarra e que encadra aos concellos de Carballo, A Laracha, Ponteceso, Malpica, Laxe, Muxía,Vimianzo, e Camariñas. Os estaturos e a xunta directiva foron aprobados o pasado venres. Nos estatutos, que foron aprobados por 46 votos a favor e seis abstencións, finalmente e como non podía ser doutro xeito pola natureza do Grupo, acordouse que as entidades supramunicipais coma Neria, Aptcm, ou Fecom, queden excluídas. Na aprobación da xunta directiva, aprobouse que tan só a metade pertencen ao sector pesqueiro. Entre eles, 7 serán representantes das confrarías e 3 serán alcaldes. As xuntanzas continuarán realizándose, como a seguinte en Buño, para que a mediados de outubro o grupo estea formado. Fonte>
|