Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Medio Rural aconsella ás explotacións  Correo-e
martes, 26 de agosto do 2008

A Consellería de Medio Rural acaba de anunciar as axudas de aconsellamento para as explotacións agrogandeiras. As medidas pretenden optimizar o rendemento global das explotacións galegas, dende a calidade da vida dos animais, ata a seguridade laboral.

Nota de prensa de Medio Rural

MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA A UTILIZACIÓN DE SERVIZOS DE ACONSELLAMENTO POR PARTE DAS EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS

  • Esta iniciativa pretende optimizar o rendemento global das explotacións galegas, mellorando a calidade das mesmas no eido da xestión, da saúde pública, da sanidade animal e vexetal, do coidado do medio ambiente, do benestar animal, das boas prácticas agrarias e da seguridade laboral.
  • A utilización dos servizos de aconsellamento facilitará o cumprimento da condicionalidade, establecida por normativa comunitaria, e dos compromisos asociados ao Contrato de Explotación Sustentábel.
  • A Consellaría destina a esta orde, publicada por primeira vez este ano, 3.000.000 euros, sendo a subvención máxima por beneficiario de 1.500 euros.
  • O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 25 de setembro.

Santiago, 26 de agosto de 2008.- A partir de hoxe ábrese o prazo para presentar as solicitudes de axudas á utilización de servizos de aconsellamento agrario por parte dos titulares de explotacións agropecuarias galegas. A orde, que conta cun orzamento de 3.000.000 euros, ten por obxecto sufragar os gastos, en concepto de honorarios, orixinados polos servizos de aconsellamento prestados aos produtores, por parte de entidades inscritas e recoñecidas no Resaxega (Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galiza), en materia de xestión, saúde pública, sanidade animal e vexetal, coidado do ambiente e benestar dos animais, así como na aplicación de boas prácticas agrarias e ambientais e da normativa de seguridade laboral.

A posta en marcha, por primeira vez, destas axudas pretende fomentar a utilización destes servizos para incrementar o rendemento global das explotacións, estendendo novos métodos agropecuarios e de xestión para a mellora da calidade da produción agrogandeira, ao tempo que se enriquece a relación entre o sector agrario e o ambiente no que se desenvolve. Deste xeito, o emprego de servizos de asesoramento vén a facilitar o cumprimento da condicionalidade das axudas á aplicación de boas prácticas agrarias, tal e como establece a normativa comunitaria, e a consecución dos compromisos adquiridos coa sinatura do Contrato de Explotación Sustentábel, por parte das explotacións, durante un período mínimo de cinco anos e sen custe para os seus propietarios.

Poderán beneficiarse desta liña os titulares de explotacións agrarias situadas dentro do ámbito territorial galego que se acollan a servizos de aconsellamento. O importe da axuda, destinada a sufragar os gastos de honorarios orixinados por esta prestación, será de 800 euros, no caso de que o solicitante sexa titular dunha explotación cualificada como prioritaria, ou de 600 euros nos demais casos. Ademais, a contía poderá incrementarse proporcionalmente se está situada nunha zona desfavorecida ou en Rede Natura, se ten asinado o Contrato de Explotación Sustentábel, ou se está incluída nun programa de reprodución, de alimentación, podoloxía ou de xestión técnica agronómica de produción e de sanidade vexetal, nunha agrupación de agricultores para tratamentos integrados (Atrias), nunha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG) ou no rexistro de explotacións en control leiteiro. O importe máximo de subvención por solicitante e servizo será de 1.500 euros.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 26 de setembro para presentar as solicitudes, nas que se deberá incorporar un orzamento detallado do servizo que se pretende contratar e que recollerá cuestións como as visitas á explotación, as consultas en oficina e telefónicas, e elaboración de actas, informes e cumprimentación do caderno de explotación, entre outras.

Axudas a entidades

>Por outra banda, o Diario Oficial de Galiza publica hoxe a ampliación do prazo de presentación de solicitudes para as axudas á implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento dirixidas a entidades privadas sen ánimo de lucro, cooperativas, federacións, empresas e entidades asociativas do sector agrario. Neste caso, as subvencións van destinadas a financiar os gastos anuais derivados da compra de bens materiais e da contratación de persoal técnico e administrativo que se encargue das tarefas de xestión económica e administrativa das explotacións; do asesoramento técnico aos seus titulares ou da substitución temporal dos mesmos.

Dada a complexidade de reunir os requisitos esixidos por parte das entidades interesadas no prazo estipulado inicialmente, a Consellaría decidiu amplialo ata o vindeiro 8 de setembro.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com