|
O GDR externaliza o plan estratéxico e a candidatura |
Correo-e
|
|
miércoles, 27 de agosto do 2008 |
|
O GDR-Costa da Morte xa constituido comeza a traballar este pasado luns 25 de agosto de 2008. Xuntábase en Cee a nova xunta directiva co gallo de preparar o plan estratéxico e a candidatura ao programa Leader. A decisión foi a de conceder a preparación do plan e da candidatura a unha empresa exterior, xa que a teñen que estar presentados a Agader o vindeiro 7 de setembro. Dos 18 membros das mesas sectoriais, tan só foron 4 os que faltaron. 4 alcaldes, os de Cee, Vimianzo, Dumbría e Carnota, non puideron acodir á reunión. Fonte
|