|

Touiño falaba hoxe, xoves 28 de agosto de 2008, para anunciar que non haberá eleccións anticipadas e para aprobar o Plan Acuícola. Xa había tempo dende que a Xunta vai retrasando o anuncio i é que as presións veciñais fixeron complicado dar o paso. Pero xa está feito, o plan está aprobado. Todas as piscifactorías que estaban prantexadas na Costa serán levadas a cabo. Así, tanto os novos parques da Xandriña, de Arou, de Seiruga a do Cabo C de Corcubión, coma as ampliacións das de Quilmas, Lira e Merexo En total, 13 novas piscifactorías e 11 ampliacións, unha superficie de 2.854.150 metros cadrados, cun investimento de 353 millóns de euros. Estes datos non nos din moito, pero o da "creación de 1.966 postos de traballo directos" parécenos esaxerado. As concesións de explotación adxudicaranse vía concurso e o 50 por cento da produción pesqueira pasará a ser acuícola. Touriño subliñou que “non se entrega nin un metro cadrado do borde litoral á privatización" e que "non hai afectación á Rede Natura nas novas implantacións" 1001 alegacionesEste foi o número de alegacións oficiais que sumou o plan. Pero a loita non remata. Os colectivos Galiza non se vende ante a sospeita do podería ocorrer hoxe, xa preparaba unha concentración en San Caetano. Pola Costa tamén se agarda movemento. Boten unha ollada á nota de prensa da Xunta de Galicia para ver os detalles. Novas relacionadas
|