doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Merexo colle a vía xudicial  Correo-e
viernes, 29 de agosto do 2008

Image

As primeiras reaccións ante á definitiva aprobación do Plan Acuícola xa comezan a chegar. As primeiras declaracións que nos chegan son dende Merexo. Dende alí, con Antonio Devesa como voceiro, a Plataforma Veciñal asegura que endurecerá as súas protestas e que reforzará a vía xudicial contra o proceso.

A plataforma non entende como a Xunta pode quitarlles as terras aos veciños para darllos a unha multinacional norueguesa. Ademais acusa tanto a BNG como a PSOE de non escoitar as peticións do pobo e de carecer de sensibilidade algunha coas vilas afectadas.

A Plataforma Merexo non se vende avisa tamén de que o Estado de Dereito faraos pagar e responder ao tempo que advirte que o pobo de Merexo non se vai deixar morrer.

Nota de prensa da Plataforma de Veciños de Merexo

A PLATAFORMA VECIÑAL DE MEREXO ANUNCIA O ENDURECEMENTO DAS SUAS PROTESTA E REFORZA A VÍA XUDICIAL CONTRA O “ATRACO” DA XUNTA DA GALICIA Ó APROBAR A PLAN DE ACUICULTURA

TÓDALAS PERSOAS IMPLICADAS NA APROBACION DESTA DESFEITA RESPONDERAN ANTE A XUSTIZA UN POR UN.Image

A PVM analizará en asamblea a decisión autoritaria da Xunta e porá en marcha novas actuacións co fin de preservar que o pobo continúe nas mans dos seus veciños.

Sempre lle escoitamos ós nosos maiores a frase: Hai días que era mellor non levantarse. Ben, pois onte foi un deses días. Porque todo parece un pesadelo. Os señores integrantes do consello da Xunta firmaron na mañanciña a aprobación do roubo ou usupación de 270.000 metros cadrados da costa de Merexo co fin de entregarllos á empresa noruega Stolt Sea Farm. Os nosos mellores terreos, o frente do noso pobo, contra a vontade dos nosos veciños, pequenos e maiores, contra a vontade das miles de persoas que nos apoian coas súas firmas.

Os integrantes do goberno do cambio filleron coma o raposo pola noite, ainda ser ter rematado agosto, agora que o debate ía sobre se se adiantaban ou non as elección, eles aproban con proceder de estados predemocráticos o Plan de Acuicultura (o plan da desfeita) o plan que roba o suor e as bágoas dos nosos maiores que tanto loitaron polo noso pobo e polo noso futuro.

O PSOE e o BNG, o "goberno do cambio" o "goberno do progreso", os dos "dereitos sociais" os que disque "lle ían dar respeto e voz ó pobo" acaban de perpetrar o dano máis profundo e a navallada máis canalla nunca asestada a Merexo e á ría de Camariñas. Sí, nunca antes o noso pobo sofrira tanto, nunca antes foi preciso sair ás rúas, poñer por diante o noso patrimonio, para defender o que xa é noso. Incrible pero certo.

Cando no seu día anunciamos que hai lugares dabondo na costa sen ter que vir roubar e encher de formigón a extensión de 40 campos de fútbol diante das nosas portas non quixeron ternos en conta. Despreciáronnos e tomáronos por parvos. Esta é a mostra evidente de que ningún dos membros do goberno que se sentaron na mesa do Consello de onte teñen o máis mínimo interés en Merexo, nin na Costa da Morte. Nin son daquí ni teñen a máis mínima sensibilidade con esta terra. Gustaríamos saber ¿cantas planta de acuicultura vai ter fronte a súa casa a conselleira de Pesca ou Presidente da Xunta?. ¿Gustaríamos saber cantos metros cadrados de terra lle terán que expropiar no pobo do Vicepresidente e dos demáis conselleiros que miraron cara outro lado mentres se asinaba esta pena de morte?.

Así podemos anunciar que, cada un dos que asinaron o documento aprobado, e as sinaturas que virán despois responderán ante a xustiza con nome e apelidos. Que non poderán durmir coa conciencia tranquila, que o Estado de Dereito faraos pagar e responder folla por folla, punto por punto, de xeito persoal e profesional.

O pobo de Merexo non se vai deixar morrer, o pobo de Merexo non vai calar, o pobo de Merexo non vai permitir polo civil que estes novos ricos de moqueta e alfombra vermella veñan arruinar o patrimonio que non coñecen, a Galicia na que non viven. Porque loitaremos ata a extenuación e o futuro vai ser moi incómodo. Tan incómodo que non lles quedará máis remedio que soñar permanentemente cos nosos berros, coas nosas reinvidicación, cos nosos dereitos. Porque o temos e farémolos valer coste o que coste.

Image 

Novas relacionadas

Máid información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com