Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os principais colectivos ecoloxistas de Galicia mostran o seu rexeitamento ao Plan Acuícola  Correo-e
viernes, 29 de agosto do 2008

Image

As primeiras reaccións perante a aprobación do Plan Acuícola xa están na rúa. Se amosamos a quente reflexión dos veciños de Merexo, polo medio do país tamén están comezando a falar. De feito, estaba convocada para onte unha protesta en San Caetano, xa divisando o que podería ocorrer na mañá de onte.

Quilmas, Camelle, Arou, Merexo e Seiruga estaban presentes coma sempre. Vieiros estivo por alí e ten un vídeo demostrativo bastante interesante dos feitos.

Os principais grupos defensores da natureza xa están a opinar. Tanto Adega, como o colectivo Galiza non se vende xa enviaron o seu pensamento no que se laian de que a Xunta non escoite o sentir das asociacións veciñais e dos grupos ecoloxistas. Para eles, este é o plan do cemento e o plástico.

As axudas directas da Xunta ás empresas extranxeiras que explotan os rodaballos dopados; a expropiación-regalo da Xunta ás mesmas; a falta de sensibilidade e de consideración co parecer dos veciños, que en moitos casos xa teñen alternativas económicas máis que válidas para as aldeas, e se non que llo digan á cooperativas de agricultura ecolóxica de Quilmas e ás cebolas ecolóxicas de Merexo.

E todo por 2000 postos de traballo.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com