|
Xa temos outra oportunidade de escoitar o que sucede na Costa da Morte a través das ondas da internet. Os compañeiros do portal informativo e de lecer da Costa da Morte, Anosacosta.com celebran o seu terceiro aniversario, coa posta en marcha dunha nova iniciativa: Anosacosta Radio. Unha radio on line ó traverso desta web. Desde hoxe, sábado 30 de agosto os internautas poderán disfrutar dun novo servizo, que supón unha nova etapa nos medios de comunicación comarcais. Precisamente este sábado poñeráse na rede “Ruta 552” que é o primeiro dos programas de radio “a carta” que serán difundidos exclusivamente en anosacosta.com. Un programa realizado polo propio equipo da páxina que conta coa colaboración do Centro Blas Espín. Esta nova iniciativa xurde do desexo de promover as bisbarras de Soneira, Fisterra, Xallas e Bergantiños na rede e mediante unha radio on-line. “Emitimos desde a Costa da Morte para o mundo. Pretendemos conectar a todolos nosos paisanos de aquí e da diáspora e tamén buscar que os amigos doutros puntos do planeta se enganchen a nosa terra máxica”, sinala o director de anosacosta, Marcos Díaz Molk. “Ruta 552” será un programa onde se recuperen e se conten historias e lendas sobre a nosa comarca e os seus persoeiros, se analicen problemáticas actuais, se fagan entrevistas, se reciten poemas, se adiquen cancións, se poñan persoas de diferentes sitios en contacto e se ofrezan moitas sorpresas. Dende Anosacosta Queren abrir unha fiestra para sentir, vivir e difundir o lugar onde nacemos: A Costa da Morte. Os nosos compañeiros Xosé Manuel Varela e Marcos Díaz Molk traeranos a actualidade e as historias máis singulares en língua castelá e de xeito atemporal, como soe ser isto da internet. Sempre que un queira pode darlle ao triaguliño do play que hai a man dereita na portada da páxina informativa. Xa saben onde atopalos. Damos os nosos meirandes parabéns por esta bonita iniciativa, que complementa un servizo que xa ofrece Radio Roncudo-Radio Neria. Escoita a radio en www.anosacosta.com. Fonte
|