Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Porto de Suso: Sinforiano e Marteliño  Correo-e
domingo, 31 de agosto do 2008

Se vos digo que en Corme está máis concurrido o cementerio ca plaia, quizás non me creeredes; pero o certo é, que en este anaquiño da Costa da Morte non hai apenas turistas, e os poucos do pueblo que están de vacacións, repártense entre as 15 plaias e outras tantas calas de pedra que temos abrigadas do vento que no vran é o máis frecuente, e que é tamén o que trai o sol, o Nordés.

Na plaia da Ermida que é a máis grande e que debe de medir uns 200 metros de longo e na que hai un sistema dunar bastante xeitoso, suele haber entre semana non máis de 15 personas, e na furna, da que podedes ver fotos neste blog, non hai máis de 4. Esta e a sorte de non ter bandeira azul. Son plaias nas que a auga, fria coma a neve, e a area blanca tamén coma neve, non deixan a ninguén indiferente.

Tampouco ninguén queda indiferente, cando, como vos decía o principio, alguén dase un paseo polo cementerio, xa que alí, e, ainda que non me creades, viven Sinforiano e Marteliño. Non pensedes que teñen unha casa das que podedes ver por ahí, esto é, con catro paredes un teito de tella, portas e ventanas. Sinforiano e Marteliño, que son irmáns, viven no que en principio foran diseñados coma nichos.

A xente que non é de Corme pensa, que a sua “casa” está diseñada polo Cesar Portela ese que fixo os nichos onde ninguén quere ser enterrado, e que están no camiño do Faro de Fisterra. Pero Sinforiano e Marteliño levan toda a vida vivindo no cementerio de Corme. Esto é así, debido a unha situación que foi creada hai mais de trescentos anos, xa que tanto eles coma os seus antepasados, “viviron” sempre nos cementerios que en Corme houbo.

Sinforiano e Marteliño xa pasan dos sesenta anos, e como din eles, son os que menos traballo han de dar cando morran, porque xa non teñen que andar con eles dun sitio pro outro, coma se fose a procesión de S. Roque, senón que o único que teñen que facer é , metélos no mismonicho que ahora mismo é o dormitorio de cada un. No de riba de todo teñen a cociña, e no de baixo a salita ca televisión. De armarios teñen na fila do lado, os dous de baixo, e de despensa os dous de riba. A zona axardiñada é o Camposanto enteiro.

A verdá é que fan un bo servicio; a familia dos Cadavres, que así se lle chamou sempre, foron e son os encargados de ter sempre todolos nichos e tumbas curiosas e decentes. Plantan flores, regan, cortan a herba, e axudan nas labores de enterramentos e limpeza das cinzas. Un traballo impagable, sobre todo nas épocas das pestes. Antes tíñanos en gran aprecio, pero ahora, e debido a que non oubo unha muller que se quixera casar ou amigar con ningún dos dous irmans, morre a dinastía dos Cadavres. O millor, dentro de cen ou douscentos anos, clonan a algún deles e volvense a retomar eses xens, dos que é unha pena que desaparezan, coma especie humana benefactora dos conxeneres sin recibir aportación económica a cambio.

Sinforiano e Marteliño xa son vellos, pero cando eran mozos, eran moi bos mozos. Todo mundo sabe que ainda hoxe hai moita xente que cree nos fantasmas e nas aparicións , pero estas creencias, sustentadas por berros e suspiros de ultratumba que a superstición achacaba a fantasmas, non eran outra cousa, que os berros de placer que tanto Sinforiano coma Marteliño lle arrancaban das entrañas as mozas que nalgún tempo tuveron. Eran bos mozos, si señor. Pero de eso xa fai mais de vinte anos. Ou casi.

<

Columnas anteriores

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com