Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O PX apoia aos colectivos contrarios ao plan acuícola  Correo-e
lunes, 01 de septiembre do 2008

Imos colleitando opinións que rexeitan a aprobación do plan acuícola recentemente aprobado pola Xunta de Galicia. Logo de falar coas plataformas afectadas en defensa do litoral da Costa da Morte, hoxe no chega un comunicado do grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto. Da man de Rafael Lema, o PX mostra o seu apoio aos colectivos contrarios ao plan.

PX quere incidir en que afecta a zonas da Rede Natura e das súas inmediacións así como a outras contornas de valor ambienta. Ademais asegura que xa están traballando nunha protesta caso por caso, levando ante o valedor do pobo o sentir das xentes. O expediente contra as plantas de Seiruga, Merexo e Camelle da Comisión Europea segue aberto.

Nota de prensa de PXImage

A aprobación o xoves do plan acuícola foi contestada co rexeitamento das plataformas de Seiruga, Camelle, Arou, Quilmas, Merexo e dos grupos ecoloxistas PX , Verdegaia e Adega.

Desde PX queremos mostrar o noso apoio aos colectivos contrarios ao plan e incidir en que afecta a zonas da Rede Natura e das súas inmediacións así como a outras contornas de valor ambiental. Os plans que afectan na comarca terán dificultades para levar a cabo e anunciamos unha batería de accións en cada caso.

Desde PX informamos que a aprobación do plan marca unha nova realidade e en principio esperamos reabrir caso a caso cada plan local ante o Valedor do Pobo e do mesmo xeito seguiremos o expediente aberto na Comisión Europea contra as plantas de Seiruga, Merexo e Camelle.

PX espera traer activistas internacionais de visita á Costa da Morte e ás zonas onde se pretenden implantar os novos parques durante este outono e do mesmo xeito que Adega cremos que cada plan en concreto presenta serias dificultades e non contan con informes de varias consellerías como Medio Ambiente ou Política Territorial.

Desde a Xunta están enganando á opinión pública ao dicir que Cultura ou Medio Ambiente non saben nada sobre este plan xa que temos probas documentais das nosas accións ante estes e outros departamentos nos casos das nosas denuncias contra as plantas de Merexo, Seiruga e Xandriña (Camelle).

Novas relacionadas

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com