|
O Bantegal busca leiras na emigración |
Correo-e
|
|
jueves, 04 de septiembre do 2008 |
|
O Banco de Terras de Galicia continúa buscando terras abandonadas para cedelas a aquelas xentes que queren traballalas. A fenomenal idea de crear un ente que sirva de punto público de encontro entre terratenientes e labregos altérnase con algún que outro problema de xestión pero pouco a pouco o Bantegal vai crecendo. Os últimos traballos andan a procurar novos terreos na emigración. Moitas desas leiras están completamente abandonadas, segundo confirman os datos de Medio Rural: o número de donos de leiras rústicas que figura no catastro é superior ao de habitantes nun 60% dos concellos galegos. O papeleo necesario para cambiar de donos unha vez que os propietarios marchan fóra do país, fai complicado o proceso. Aí é onde o Bnategal quere facer fincapé, facilitando o proceso de cesión de terras e minimizando os custes. Así, axiliza o fluxo de información entre propietario e agricultor e outorga seguridade aos contratos ao garantir que a terra é devolta ao seu dono unha vez rematado o contrato. Máis información Fonte
|