|
O Plan Acuícola está moi presente en todos os ámbitos da sociedade nestes momentos. A meirande parte dos medios de comunicación estamos tentando mostrar a vontade das xentes da Costa, como o fan os compañeiros de A nosa Costa, quen fixeron estes días un repaso da actualidade severo. Para iso falaron con Carlos Aymerich, voceiro de Pesca do BNG, quen aclarou a postura do seu partido en todo este asunto. Dende aquí levamos vendo o relativo silencio do BNG ao longo destes meses como un xeito de desvincularse dun plan que nos incumbe a todos, pero que ten a responsabilidade dentro do goberno. Aymerich asegura que o BNG estivo traballando dentro do goberno e con absoluta leadade para que non se aprobase o Plan de Acuicultura. A casa polo tellado Segundo o voceiro, o BNG cre que ten que haber un plan acuícola, pero as cousas habían facerse correctamente. Para eles a planificación sectorial, isto é a planificación dos parques de tecnoloxía alimentaria, debería chegar logo da planificación de ordenación do territorio e do litoral. Algo que parece obvio pero que pasa nas mellores casas do país, que sempre comezamos as casas polo tellado. Aymerich asegura que o Bloque tentou ata o último momento que o Plan non se aprobase e que se reformase, e acusa ao presidente da Xunta a tomar esta decisión en contra do criterio do BNG. Granxa por granxa Tamén falou en particular, en particular das piscifactorías de Camelle e Seiruga como grandes erros do plan. Non falou da planta de Hatchery de Merexo, a chave de todo o Plan, nin da Quilmas nin da de Arou, por non falar da de Corcubión, da que non se oe nin unha palabra. Meses de silencio Dende a súa condición de parte contratante no goberno galego, o Plan de Acuicultura debería ter sido consensuado, e ou ben non se consensuaron as cousas e o partido maioritario tomou a decisión sen consultar, ou ben o grupo do BNG non fixo a presión necesaria para deixar claro a súa oposición ao plan. O que nos parece claro é que se o BNG tiña a real vontade de tirar abaixo o proxecto deberíao ter feito público antes de se aprobar, e van varios meses nos que o silencio non facía máis que outorgar. Se queredes escoitar as palabras de Aymerich, pinchade aquí. Novas relacionadas Fonte
|