Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O BNG de Corcubión esixe a comisión de urbanismo para estudiar o PXOM  Correo-e
viernes, 05 de septiembre do 2008

O pasado mércores 3 de setembro de 2008, os membros da corporación municipal e os técnicos da empresa adxudicataria, xuntábanse para tratar o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O caso é que o grupo do BNG non aceptou tratar o asunto ata que non se convoque unha comisión de obras e urbanismo.

Deste xeito queda todo aparcado, o BNG manterá unha actitude pasiva co PXOM ata que a alcaldía non convoque a comisión de urbanismo na que os membros da corporación compartirán pareceres.

Nota de prensa do BNG

O BNG MANTERASE INACTIVO NA ELABORACIÓN DO PXOM, MENTRES NON SE CONVOQUE A COMISIÓN DE OBRAS E URBANISMO.

O mércores día tres, o Alcalde do PSOE de Corcubión convocou unha xuntanza para estudar o Plan Xeral de Ordenación Municipal. A ela asistiu o BNG, xunto co resto de partidos políticos e con dous técnicos de Eptisa, empresa adxudicataria dos traballos de redacción do plan.

O BNG puxo de manifesto na reunión, que non estaba disposto a falar do futuro do urbanismo no pobo, sen saber do urbanismo presente. Así lle fixemos saber a Francisco Javier Lema, que mentres non se convoque a comisión de urbanismo e obras, para informar da situación actual das licencias concedidas, e das obras en marcha, o BNG ía tomar unha posición inactiva.

O BNG é consciente da importancia que supón dispor dun novo plan xeral para os veciños de Corcubión, pero tamén é consciente do interés e da présa que ten o Alcalde por sacalo adiante. Nós non servimos aos intereses particulares , nen as especulacións do solo, Nós so defendemos o interés xeral, e pretendemos escoller as mellores opcións para a colectividade.

Para o BNG, tamén é importante saber cal é a situación urbanística de Corcubión, porque dende que se constituiu a comisión non se fixo ningunha convocatoria ordinaria. Non temos información das licencias concedidas, das paralizacións, das licencias de primeira ocupación, das obras públicas e das súas licitacións. A información é nula, e a comisión non se creou para a demagoxia.

A decisión do BNG é firme. Asumiremos unha actitude pasiva co PXOM, mentres o Alcalde do PSOE, Francisco J. Lema, non convoca a devandita Comisión.

Fonte

  • Nota de prensa de Óscar Insua Lema, voceiro do grupo municipal do BNG.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com