|
Con toda a polémica do Plan Acuícola, temos opinións para todos os gustos. Hoxe fala a camariñana Marisol Soneira, deputada do PSOE, que ademais de dar uns paos ao PP con respecto á Costa da Morte, fala un pouco do devandito plan. Marisol asegura que o PPdeG non está lexitimado para desacreditar o Plan Acuícola na Costa da Morte, xa que o xerme do Plan de Acuicultura do PP nace nun rápido e oscuro Consello dunha xunta que estaba xa en funcións. Soneira di que esta foi unha das últimas decisións duns políticos desesperados. Nota do PSOE Marisol Soneira: “O PP só deixou emigración, paro e desertización empresarial na Costa da Morte. A herdanza do PP na Costa da Morte foi o Prestige e as súas mentiras”. Santiago, 4 de setembro de 2008.- A Secretaria Xeral da Costa Atlántica, Marisol Soneira, manifestou que “o PP só deixou emigración, paro e desertización empresarial na Costa da Morte. A herdanza do PP na Costa da Morte foi o Prestige e as súas mentiras”. A deputada engadiu que “Daquela o PP improvisou o Plan Galicia, un Plan que non foi froito da planificación, senón da iimprovisación, unha ocurrencia para ocultar as vergoñas do Goberno”. Soneira explicou que “hai tres anos só 1 de cada 4 habitantes da Costa da Morte tiña emprego. Na Costa da Morte había máis de 8.000 persoas en paro. O 20% eran homes menores de 30 anos. A contratación indefinida a penas chegaba ao 14,3%. Durante os 16 anos de Goberno do PP a Costa da Morte perdeu 16.000 habitantes. O PP careceu sempre de diagnose para o deterioro económico da Costa da Morte”. >Fronte a isto, Soneira recordou que “o Goberno de Emilio Pérez Touriño investirá en total 600 millóns de euros na Costa da Morte; diñeiro que xa está en parte investido, e noutros casos en licitación. Entre eses compromisos destacan o Plan Estratéxico da Costa da Morte dotado con 525 millóns de euros, un Plan de Emprego dotado de15 millóns de euros, o porto comercial de Brens, o equipamento de solo industrial, diferentes obras de medio ambiente e turismo. Proba deste compromiso é que mañá o Presidente da Xunta colocará a primeira pedra da variante de Sardiñeiro. Este Goberno quere situara ao Fisterra na vía das comunicacións. Pola contra o PP é o único responsable das peaxes na autoestrada A Coruña-Carballo. A política de infraestruturas dos populares na Costa da Morte foi inexistente”. O PPdeG non está lexitimado para desacreditar o Plan Acuícola na Costa da Morte Soneira argumentou que “o plan de Acuicultura do PP naceu nun rápido e oscuro Consello dunha xunta que estaba xa en funcións. Foi unha das últimas decisións duns políticos desesperados polo temor a perder o control do país e con el a súa posición de privilexio. Argumentan os populares que case non houbo nin alegacións nin contestación ao seu Plan, mais trabúcanse de cheo na súa análise xa que a súa aprobación foi camuflada na nocturnidade da lea política e da campaña electoral”. “O PPdeG é vítima da súa propia demagoxia política. O mesmo partido que era favorable á planta de Touriñán oponse ás novas plantas acuícolas da comarca”, conluiu. Fonte - Nota de prensa do Gabinete de Comunicación PSdeG-PSOE.
|