Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Actividades e concertos para este inicio de setembro  Correo-e
viernes, 05 de septiembre do 2008

OT en PontecesoImage

O día D (ou T) xa chegou. Os triunfitos xa case andan rondando pola zona, xa que mañá é a gran noite. Ata o día de onte xa ían 2.000 entradas vendidas pero ao longo destes dous últimos días prevese un boom. Xa saben, o sábado será o centro do país.

Festival Rock in Baio

O rock invadirá Baio na noite de hoxe, venres 5 de setembro de 2008. A praza das festas encherase de míticos i é que as bandas iinvitadas realizarán unha morea de versións de grupos de toda a vida.

Así, a partir das 23:00 comezarán a tocar Lady Evil, con versións dos Scorpions, Iron Maiden, Van Halen... Máis tarde teremos MU-2, que como ben indica o nome versionará aos U2. De Sabina Homenaje pouco hai que dicir. Para rematar teremos a Snatch, que conta con temas propios e tamén versións.

A festa serve de preludio ás festas da semana que vén que se celebrarán entre o luns e o mércores.

Semana Cultural de MuxíaImage

Como avance das Festas da Barca, o concello de Muxía organiza a Semana Cultural. Xa van 3 días de semana cultural na que houbo concertos, cine na rúa e contacontos. Estes días hai pasarrúas, teatro (con Talía Teatro) e concerto o luns, pero a función do domingo suspendeuse. Para ver o programa pinchade aquí.

Fisterra lembra a Batalla Naval do 1805

Este sábado 6 de setembro, Fisterra recibe a Asociación Gran Armada (A Armada Invencible) que xunto co concello homenaxeará aos caídos na Batalla Naval de Finisterre en 1805. As actividades terán lugar a aprtir das 12:30 da mañá. Para ver o programa picha aquí.

A Batalla servirá como preludio para as Festas patronais do Carme que se desenvolverán de luns a mércores da semana entrante.


Ciclo de Cine de CormeImage

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme este mes homeaxea ao mítico cine cormelán Cine Olga. Este venres 5 de setembro, ás 22:00 no taller da asociación poderemos ver Falso culpable, un filme que Alfred Hitchcook dirixíu no 1957.

Teatro en Corme

A Fundación Torre Pujales remata, o sábado 6 de setembro, o seu programa cultural de verán cunha demostración teatral no salón de actos da Confraría de Pescadores de Corme. Conferencia teórico-práctica "Los discípulos del silencio", unha historia do teatro xestual con demostración de estilos e xéneros. Impartida por Alfonso Rivera. Será ás 20.00h.

Xuntanza dos maiores de Cee

A XIII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores de Cee terá lugar o domingo no monte San Pedro Mártir. Coa axudas dos buses que pon o concello a partir das 11:00, os veciños poderán achegarse á misa, ao almorzo, contacontos, xogos populares e ao baile.

Roteiro por Salto

O vindeiro domingo, ás 10.30, celebrarase a primeira ruta de sendeirismo Un paseo por Salto.

Exposición en Muxía

As ilustración de Xosé Tomás estarán expostas na Casa Obradoiro de Muxía entre o 5 e o 19 de setembro.

Día da bici de Muxía

O domingo 7 de setembro o concello organiza a II Edición do Día da Bicicleta Concello de Muxía. A saída está preparada para ás 10:00 da mañá ao carón da lonxa, e serán 13 osquilómetros a percorrer. Ao remate haberá camisetas e pinchos para os participantes.

Noite de cine en Vimianzo

O domingo 7 de setembro, "Eragon" en Vimianzo.

Campionato de Petanca en Vimianzo

A A.X. Cherinkas organiza para o sábado día 6 de setembro do 2008 o cuarto campionato de Petanca. O lugar escollido para esta práctica volve ser o Campo municipal de Vimianzo, e o comezo da actividade prevese para as 16:00h.

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com