Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Caride acusa aos concellos de non informarlle dos problemas cos transportes na bisbarra  Correo-e
viernes, 05 de septiembre do 2008

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, pasou por Corcubión onte, xoves 4 de setembro, para dar un repaso a todas as obras e proxectos realizados durante os 3 anos de goberno. Un repaso que se baseou en lembrar as infraestruturas xa anunciadas oficialmente varias veces.

Tamén falaba dos problemas máis actuais, máis concretamente do servizo de transportes da bisbarra. Caride falaba hoxe, venres, con Susana Alvite na Radio Nordés. A conselleira comprometeuse a sancionar á empresa que non cumpra o servizo acordado.

Esta ameaza sae logo do coñecimento por parte da CPTOPT dos problemas coas liñas de Monbús ao seu paso por Ameixenda.

O caso é que a consellería dixo que se a Xunta non fai nada é por falta de coñecimento, e deu de paso un tirón de orellas aos alcaldes da zona por non manter informada á consellería. É a culpa realmente dos alcaldes por non chamar máis ás portas das consellerías? Non o sabemos, pero por se acaso que os concellos tomen nota.

Novas relacionadas

Fonte

  • Radio Nordés.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com