|
Colleitando música galega (XVII): Som do galpom |
Correo-e
|
|
viernes, 05 de septiembre do 2008 |
|
O rigui toma Galicia. Dende preto de Compostela, dende a aldea da Moniña, chega esta banda que mestura o reagge co rap e co funki, comentes en dar un paso maís no panorama musical que vivimos neste S.XXI (era das máquinas) deixando de lado as produccóns electrónicas, como ben se din. Aquí temos en directo en Pontedeume, non se escoita senporsen pero pódese ver de marabilla a caña que meten nos concertos.
A mensaxe forma parte fundamental da arte desta banda, que dende o 2006 anda montando gresca alá onde vai. Ademais de facer pensar buscan "chegarlle" ao público e tentar: que lles guste, que bailen, que escoiten, que canten, ...; en fin, que disfruten da festa do Galpom! Aquí os temos na Festa V aniv. Mundo Vermello... en vilagarcía de Arousa... coa súa Na Cama.
Se queren velos esta fin de semana, este sábado 6 de setembro estarán no Foundation Reagge Festival que ten como cabeza de cartel ao senegalés Touré Kunda. Máis información Grupos anteriores Fonte e Máis información - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|