|

A foto sacouma Suso de Sete Oficios, e a bici tamén era de el. Eu naqueles tempos recordo que tiña ganas de ser maior, e ter moitas mozas. Conseguín chegar a ser maior, e mozas, tuven poucas, pero escollidas. Desde logo, ameinas a todas, a unhas máis e a outras tamén. Tamén fun amado, ainda que, cando era máis novo, pode que perdera algunha por parvo, e, sobre todo, por “rapás”. Xa sabemos todos, que as cousas, solemos darlle aprecio cando as perdemos. Eu, hai cousas que perdín, pero que sempre apreciei. E sigo apreciando. Fun rebelde e amei locamente, tan locamente que ceguei, e unha serpe ofrecíome unha mazán, cando estaba no paraiso, e ceguei. Porque eu, daquela estaba no paraiso, só que non o souben apreciar… hasta que perdín a Eva, e con ela, o paraiso. Despois viñeron máis serpes e máis mazáns, pero xa o paraiso non era igual. Sí que todo o exterior tiña máis brillos dourados, pero o interior era gris con algunha nota de color de cando en vez. Só cando comía da mazán, me sentia ben, pero eso era porque facía en min, o mismo ca unha droga. A mazán do sexo, faime olvidar o dolor, e o tempo que corre, e a morte, e hasta a vida me fai olvidar. E gustame amar cando como da mazán…e así me vai. Ás veces aparece a bruxa con unha mazán envenenada, e, petándome na porta do corazón, ábrome en confianza, e mordo, mordo hasta a semilla, e trago, trago hasta o máis profundo do meu corpo, e morro, morro de desesperación, porque o veneno fai efecto antes de que aprecie o sabor de esa mazán que me ofrecío esa bruxa vestida con seda e oropel. Son os soños, os que me aguantan desperto. Son os soños, os que fan que me sinta vivo, esperando, a que volva a pasar pola miña porta, a mazanceira, sin disfraces, cas mazáns que me ofrecera, porque me ama, sin medo a que llas rexeite. Porque non quero rexeitarllas, porque quero rilar nelas hasta que a morte me leve, sin medo a fartarme nunca desas dulces mazáns do sexo con amor, con moito amor e sentimento, e caricias e bicos, millóns de bicos, e caricias e bicos e caricias, millóns de caricias, e millóns de mazáns dulces sin veneno. Columnas anteriores Fonte
|