Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A bitácora da semana (XXV): Que pasa en Camelle  Correo-e
viernes, 05 de septiembre do 2008

Image

Para celebrar o 25 aniversario desta sección traemos unha bitácora que se nos fai máis que familiar. Disque un curmán tivo un fillo en forma de bitácora e aí lle puxo o nome. Unha bitácora sobre o mellor pobo do mundo, que é Camelle, e na que o pobo ten que ser o que tire do carro participando e aportando ideas e textos.

O blog leva dende xullo deste mesmo 2008 funcionando, e coma sempre, moi forte ao comezo. Céntrase ben na problemática do Plan Acuícola, que tantos quebradeiros de cabeza está dando pola Xandriña. Pero as festas e outros asuntos tamén copan a parrilla.

Entre o resto de contidos atopamos unha sección de contactos, un bo seguimento das actividades da A.V.V. A Pergoliña e das aventuras do kilombo "O mellor de cada Kasa", ata unha nova sección de relatos.

Pois sorte nesta nova andanza, que dure e que axude a evitar as desfeitas na vila e que manteña máis unido se cabe ao pobo camariñán.

quepasaencamelle.blogspot.com.

Bitácoras anteriores

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com