Martes, 09 de febreiro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O desmembramento do bipartito e a unión das plataformas contra o Plan Acuícola  Correo-e
lunes, 08 de septiembre do 2008

A problemática do Plan Acuícola non fixo máis que comezar. Os asuntos políticos mestúranse cos sociais, e coas eleccións na mente de todos o Plan está xa a srvir como arma electoral. Tralas declaracións de Bieito Lobeira nas que se desmarca, a toro pasado para o noso entender, do Plan aprobado pola Xunta, moitos xa argumentan que o bipartito está desestruturado e mesmo esquizofrénico.

Núñez Feijoó, o voceiro do PPdG, asegurou que o seu partido colocaría á Costa da Morte como referente na acuicultura europea, lembrando, por exemplo, a planta de Pescanova, a máis grande de Europa, que se está a construir en Portugal pola negativa do goberno actual de colocala en Touriñán.

As plataformas contra o Plan

Entrementres as plataformas contra o Plan seguen no seu traballo de unión para crear unha oposición unida que sirva para denegalo. Por exemplo aí están outros colectivos ecoloxistas, coma Verdegaia e outros membros da da Rede Galiza non se vende que non descartan a formulación dun contencioso administrativo no momento mesmo en que o presente plano entre en vigor.

A chave de MerexoImage

A un nivel máis local, falamos a fondo con Alfonso Vidal, da Plataforma Seiruga Limpa, quen ten claro que a chave do Plan está na planat de Merexo. Nese sentido pronunciábase o propio Lobeira, quen propón unha menor redución da superficie a ampliar nesta granxa.

O caso é que a piscifactoría de Merexo é a máis importante da zona e probablemente de Galicia pola súa calidade de criadoiro de alevíns. Do Hatchery, como lle din profesionalmente, dependerían todas as piscifactorias da zona, que se abastecen dos alevíns desta. A clave está na calidade das augas da enseada de Merexo, xa que os alevíns non se dan noutras zonas de Galicia nin se querea da Costa da Morte. Para Alfonso, se tiramos coa de Merexo, as demais virían detrás. Por esio pide unión a todas a plataformas, e que non vaiamos uns por un lado e outros por outro.

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com