|
O Concello de Carnota e Stolt Sea Farm firman dous convenios por valor de 37.000 anuais para fomentar o desenvolvemento sostible e a potenciación do deporte. Os enclaves naturais do concello fan da sostenibilidade un dos pilares das novas políticas de hoxe. Stolt comprometeuse a facer máis atractivos os lugares públicos máis turísticos do concello, así como a promocionar actividades de lecer en contacto co medio ambiente. Serán 25.000 ao ano para estas actividades, que se verán reflectidas en enquisas que os veciños completarán cada certo tempo para ver como se invirten. Convenio deportivo No tocante ao eido deportivo supón o compromiso por parte do Concello de Carnota de crear e xestionar unha Escola Municipal de Deportes. Este asunto vén de lonxe e logo de varios tropezos no camiño. O caso atípico das escolas do Prodemar quere pasar a historia. Atípico porque normalmente no deporte da bisbarra o que falta son fondos, e para unha vez que había fondos, o que faltaba era boa coordinación. Aí estaba Prodemar (isto e, Stols Sea Farm) patrocinando con 25.000 euros unhas escolas que nunca foron para adiante. Con este convenio, Stolt porá 12.000 euros anuais para que o concello desenvolva as Escolas. Da man de Alfredo Cambeiro, xa son moitos os rapaces queadestran en Carnota á espera de poder incluir os equipos en algunha competición, xa que tras a inscrición no último segundo da escola pantasma de Prodemar por parte do antigo presidente, aínda non se sabe se a federación deixará inscribirse ás escolas municipais nas competicións. Na imaxe vemos a José Oreiro, alcalde de Carnota, con Pablo García Rodríguez, Presidente de Stolt Sea Farm, firmando o convenio. Novas relacionadas Fonte
|