|

Unha delegación representando ó Encaixe de Camariñas participa na XXV Mostra Internazionale del Pizzo de Novedrate – Italia, que se celebra dende o pasado 7 ata o 14 de setembro. Na inauguración estiveron presente ademais das autoridades locais, o alcalde de Novedrate e a presidenta da asociación Dona Ernestina, outras autoridades entre os que podemos destacar:o Sr. Ministro D. Umberto Bossi, o vicepresidente do Senado,a Sra. Parlamentaría europea Dona Patricia Toja, o presidente da Provincia de Como, Don Leonardo Carioni, a atleta olímpico D. Andrea Cappolino, o alcalde de Novedrate e varios deputados. No certame participan delegacións de 14 países. Representando a España está o Encaixe de Camariñas, para ilo desprazáronse dúas palilleiras moi experimentadas, Dona Matilde Isabel García Pasantes (foi profesora durante 3 anos da Escola Taller de 1992 na especialidade de Palillo) e Dona Adoración García Carril; ambas dúas palilleiras pertencen a Asociación Rendas. Estas dúas palilleiras son as encargadas de demostrar o arte e o bo facer do Encaixe de Camariñas. O Encaixe de Camariñas está presente en diferentes pezas de enxoval doméstico e tamén na moda da man da deseñadora Charo Carrillo, con unha colección de 4 pezas onde combina o Encaixe de Camariñas con diferentes tipos de pel (visón, zorro, ...). Dita colección está sendo moi exitosa, xa que a maioría do público se interesa por preguntar sobre a súa confección e a fotografan continuamente. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do concello de Camariñas.
|