Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Marcos Rodríguez: "De todo o bo que nos pasa, sempre o convertimos en malo"  Correo-e
jueves, 11 de septiembre do 2008

Image

Logo de gañar un novo premio, esta vez tocoulle ao concurso “Cabo Fisterra, Patrimonio Cultural Europeo” e por partida dobe, o fotógrafo Marcos Rodríguez continúa progresando na súa meteótica carreira profesional dende a súa propia casa.

Tratamos de achegármonos un pouco á vida deste carballés de orixe milanesa, que un bo día de pequeniño colleu unha Kodak Retina do 54 que había na súa casa, regalo do cónsul xaponés en Milán ao seu pai, e se puxo disparar. De vagar a afección convirtiuse en pasión e en profesión e a día de hoxe, ademais de gañarse a vida na súa terra do que lle gusta, que xa é o máximo, ten gañados concursos como o de Vagamundos., no que a fotografía das fervenzas de Santa Leocadia que vemos abaixo foi a gañadora da categoría Xeral e Paisaxe.

Aquí temos unhas preguntiñas que fixemos ao noso compañeiro Marcos, un amante do patrimonio natural da bisbarra:

  • Como te metiches na foto?

Venme de neno, xa que sempre tiven cámara na casa, e meu pai ensinábame as primeiras cousiñas necesarias para poder facer un disparo manual.

  • Canto tempo levas traballando na Costa? Dá gusto traballar na casa?

Na Costa levo traballando uns dous anos, e claro que dá gusto. De tódolos xeitos ás veces é un pouco máis duro e algo desagradecido.

  • Cantos quilómetros fas ao día?

Co Acontecer fago entre douscentos e trescentos.

  • Cara onde vai a Costa da Morte? Por onde debería ir?

Como su propio nombre nos indica... Jajaja!!! É broma! .... Ou non! Non o sei, paréceme unha pregunta moi complexa, parece que por unha banda, hai xente moi implicada en que esto tire para adiante, e por outro lado, ves que todo o bo que nos pasa, sempre o convertimos en malo.

Dicía o outro día un home de Fisterra, que o do Prestige “axudara moito” xa que fixeron un porto exterior na Coruña, e a Costa da Morte todavía segue sen estrada. Sen dúbida esa catástrofe tamén tivo cousas boas, como darnos a coñecer no mundo enteiro, e que a xente nos visite máis ca antes. De nos dependerá saber sacarlle proveito, e penso que aí está o problema.

  • Cales son os seus tesouros da bisbarra?Image

Un dos máis coñecidos que é o Refuxio de Verdes, é un auténtico lecer, levo indo toda a vida e non me canso, cada día me sorprende máis o fermoso que é. O roteiro que vai dende Cabo Vilán ata a Praia do Trece, ou mellor dito ata Arou, e inigualable en beleza, vas camiñando por esas rochas, e dache a sensación que estás noutro mundo.

Fisterra pola súa simboloxía tamén é un lugar máxico, a xente de Camelle que é especial, a laguna de Baldaio, Cereixo, onde os seus habitantes presumen de non ter ningún ladrillo nas súas edificacións, as cales son preciosas. O Roncudo onde ses pode ver coma en ningures a diferencia que hai entre as augas calmas da ría de Corme-Laxe, á sua ezquerda, e o tan “temido” e fermoso mar da nosa Costa.

Dicía Pondal nun dos seus versos “ O mar vate fero na Costa da Morte” pois aquí pódelo ver en primeiro plano... Bueno, e en Muxía tamén. Punta Nariga onde o natural convive ca modernidade en perfecta armonía. O alto do Monte Pindo, ou do Monte Facho de Muxía, ou de San Bartolo en Vimianzo son lugares espectaculares.

As Caldeiras do Castro de Muxía, ou a Férveda de Noveira, o muiño da Cheda en Carballo,.... Sigo? E que creo que estaría todo o día dicindo lugares que me asombran da nosa terra, aos cales non solemos darlle maior importancia, pero que cando no los amosan, dicimos abraiados, e iso donde é? A mín pásame moitas veces cando lles amoso algunhas das miñas fotos á xente, é increíble o descoñecemento que ata nos mesmos temos do noso fogar, secadra por eso se fai un lugar máxico.

  • O teu recuncho favorito?

Non podería decantarme só por un, en calquera dos anteriormente citados estou xenial, e algúns máis que non nombrei, sempre hai que gardar algo do tesouro para un mesmo, non? Non vaia a ser.

  • Que outras afeccións gustas e/ou practicas?

A verdade que moi poucas, que digo poucas, ningunha! Antes ía a nadar todalas mañáns e tamén lía, ou saía a camiñar de cando en vez, pero agora, o único contacto que teño ca auga (aparte de beber moitísima e da ducha diaria obviamente) é cando estou a facer fotos nalgunhas rochas ou praia, e me molla algunha ola. O mesmo me pasa ca lectura, o único que leo dende fai ben tempo son libros e máis libros de fotografía, e tamén revistas dese tipo. De feito teño un libro na mesita “Ensayo sobre la ceguera” de José Saramago que debe de levar cerca de catro meses movendo só para quitarlle o polvo. Camiñar o que necesito para ir a facer as fotos que me apetecen. Outra cousa que me encanta tamén é viaxar, pero ata non teño moito tempo para facelo tampouco.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com