Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Notoriedade  Correo-e
viernes, 12 de septiembre do 2008

Cando se solapan varias informacións as veces ocorren cousas dignas de ser estudadas case como si falásemos dalgún fenómeno paranormal. Quixo o destino que esta semana dúas novas concorresen no Ferrol en tempo e espazo e que esas dúas novas sexan de terreos e calibres tan diferentes que o falar dunha ou doutra nos leve por camiños ben diferentes.

Falo do caso das vieiras (o Vieiragate como me gusta chamalo) e o do macabro crime deses dous mozos a mans dun veciño do Pindo, xa condenado por outra morte hai uns anos. Dúas novas ben distintas pero que ocuparon as dúas o mesmo numero de insertos en prensa, o mesmo numero de minutos en radio e televisión e o mesmo numero, seguramente, de charlas de cafetería e mesa de comedor. Dous feitos ben diferentes, de índoles diametralmente opostas, un de materia sanitaria pero sen incidencia clara, sen afectados para entendernos, so con lumes de artificio mediaticos.

O outro un crime execrable, gravísimo, que remata con dous mortos e cos seus corpos mutilados por, presuntamente, unha persoa xa condenada e encarcerada hai anos por outro asasinato a sangue fría. Pero, na vara de medir dos medios, ámbolos dous ocupan similares tempos, similares espazos, similar numero de columnas e insertos. E aquí e onde podemos falar do relativismo e todas esas cousas pero a razón básica de todo isto esta no método de decisión do que é importante e do que non o é.

Que se deteña en circunstancias que unha semana despois seguen sendo pouco claras, a unha cociñeira dun restaurante, por moitas estrelas Michelin que teña a casa de comidas, por moitas pezas de marisco supóstamente contaminado que se foran a mercar, por moito que sexa non so ilegal senón vergoñento o furtivismo e os que o sosteñen non significa absolutamente nada. Nin se sabe canto marisco existe no mercado nestas condicións, nin hai ningunha persoa contaminada, nin morreu ninguén por razón deses presuntos delitos nin nada de nada. Nada, cero, niet. Non pasou nada. Puido pasar, claro, pero non pasou. E ademais a entidade do que puido pasar, a contaminación de consumidores anónimos, diarreas, vómitos e demais, non chega nin de lonxe a gravidade dos outros feitos. Nin a quilómetros da mesma gravidade.

Que unha persoa que xa matou volva a matar, que o faga por partida dobre, que o faga co agravante de descuartizar os corpos co fin de encubrir o crime, que se faga despois de que so hai uns meses que este presunto asasino cumpriu a sentencia doutro crime que tamén rematou con resultado de morte. Iso é grave. Non, iso é gravísimo. Polo feito en si, si se demostra, e polo inútil dun sistema xudicial que permite que unha persoa mate en duas tandas a tres persoas mediando, supóstamente, seguimento no cárcere da reinserción do reo. Gravísimo. Pero igual de importante para os mass-media.

Se pesa a importancia en función da notoriedade e non do fondo dos feitos. Se informa igual dunha cousa que da outra. Se actúa de modo similar para dar nova dun asunto, con grande profusión de cámaras e reporteiros a porta do xulgado de Ferrol para fotografar a cociñeira, e do outro, co mesmo numero de medios de comunicación e persoal para retratar o asasino e a súa presunta cómplice. A mesma cobertura en numero e difusión.

Todo resulta sempre moi simple o final. Si todo mide e pesa o mesmo tanto da conducir a 60 en zona de 50 que a 300 por hora, tanto da fumar un cigarro que un paquete e o mesmo é beber media copa de viño que seis botellas. A fin de contas a mesma notoridade da matar a dúas persoas que mercar Vieiras furtivas. As dúas cousas pasan tódolos días. Digo eu ¿no?.

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com