|
O recuncho da Costa (XLIV): O cabo C |
Correo-e
|
|
sábado, 13 de septiembre do 2008 |
 Sen movernos moito achegámonos ao noso recuncho máis visitado da bisbarra. Sería por proximidade, xa se sabe que cando máis preto se teñen as cousas menos se valoran, pero ata o de agora non amosamos o triángulo máxico que se ve dende o cabo C de Corcubión. Aí está, o monte Pindo e as súas cores variadas ao caer a tarde á nosa esquerda. As illas Lobeiras fican pequeniñas en fronte de nós. E á banda dereita, polo oeste, luce preciosa canda o solpor a silueta de Fisterra, o símbolo por excelencia da nosa bisbarra. Máis que as imaxes non se pode dicir. Tan só deixar unha incógnita: Imos deixar que nos rouben este precioso lugar para a construción dunha piscifactoría? Como chegar Baixando dende Cee ata Fisterra, ao pasar o centro de Corcubión e logo de pasar o Xulgado, 400 metros máis arriba hai que coller un desvío á esquerda por diante do cemiterio. Pasaremos entre a urbanización pantasma de Quenxe e a deixaremos atrás rodeando a costa. Pasamos por diante do Castelo do Cardeal, ata chegar a un cruce, no que temos que coller á esquerda para dar co cabo. Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Outros vídeos Fonte - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|