|
Novos pintores de Carnota expoñen as súas orbas no Rodín de Cee |
Correo-e
|
|
jueves, 18 de septiembre do 2008 |
|

Este mes, un deses espazos que teñen vida propia pola zona, o bar Rodín de Cee, acolle unha exposición moi singular. Unha exposición de pintura realizada por varios rapaces da zona de Carnota, que gracias ás clases do pintor artístico Ricardo Sánchez, fan marabillas como as que vemos na imaxe. Algún dos cadros expostos xa foron vendidos e todo, pero o que se valora é a capacidade da xuventude de crear estes tesouros. Como asegura Ricardo, sorprende a calidade Antón e máis Victor, de tan só de 16 e 14 anos, e comenta de broma que en breve quítanlle o choio. A súa progresión é tremenda e de feito, Antón comeza este curso o bacharelato de Arte en Compostela. Así, aló van os cativos a clase de pintura á aldea de Louredo, onde Ricardo ten o seu taller e a súa aula particular. Os rapaces xúntanse e desenvolven as súas artes e pouco a pouco melloran e collen gusto de expresarse a través do óleo. Pasen e vexan polo bar Rodín de Cee, no recheo en frontedo concello, e miren a calidade dos rapaces que se cadra queren mercar algún. E se andan na procura dun profesor de pintura chamen ao 981 760 662 e pregunten por Ricardo. Fonte - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Joanna Chrzanowska.
|