Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"Respetamos a tradición pero tamén hai que pensar na mocidade"  Correo-e
viernes, 19 de septiembre do 2008

Image

Pasaron polo local da Radio Neria-Radio Roncudo os membros da comisión de festas das Mercedes, que se desenvolverán dende esta fin de semana na vila de Corcubión. Así, o equipo formado por Drok, Fran Hermida, Xurxo e Dulce, entre outros fixeron unha pausa do seu periplo casa por casa na procura de cartos para a organización, e faláronnos do programa para este ano. Aí vemos aos 4 (de esquerda a dereita e de arrriba a abaixo) ás portas do edificio da radio na Avda. da Viña de Corcubión.

Entrevistados por Xabi e con Jaki aos mandos do equipo técnico, Fran e Drok desmenuzaron o programa e as claves da festa, que pensando nuns e noutros, terá troula o propio día da festa, o mércores 24, continuando coa tradición, e o sábado 27 para a mocidade.

Organización

Os protagonistas falaron da súa participación na comisión de festas. Drok resume a historia cunha clara frase: A última hora. Contan que a xente non se organiza e ante o perigo de que non houber festa, aquí nos puxemos marcha uns poucos. De tódolos xeitos, e malia que a comisión estea formada por xente máis ou menos nova, a tradición e as xentes máis vellas tiveron moito que dicir na organización.

Un ano máis a comisión opta por dous carteis, un co programa e outro decorativo en clave antiga (abaixo), coas rúas de Corcubión a principios do século pasado, que lle dá un aire máis enxebre á festa. Unha preciosidade estes carteis en branco.

Un programa para todos

As actividades comezan esta fin de semana co teatro na Casa da Cultura. O sábado ás 21:00 actuará o Grupo Candelexas de Noia, coa súa obra Non somo nin Romeo nin Julieta, e o domingo ás 18:30 será o Grupo Migallas o que nos traia Un avó especial.

A fin de semana culmina co Encontro de Corais Memorial Andújar, a partir das 21:00 do domingo tamén na Casa da Cultura. Catro Corais (a Polifónica de Cariño, a de Milladoiro, a da Escola de Música de Carnota e a de Airiños de Quenxe). O encontro está organizado pola A.C. Airiños de Quenxe e como nos contaba Drok, trata de homenaxear a Andújar, un home que tanto fico pola nosa vila.

Xornada para os maioresImage

Logo dunha dura negociación entre todas as partes da comisión de festas, acordaron facer dúas xornadas de festa. A primeira é o día 24, o propio día das Mercedes, e no que os maiores da zona terán a súa romería de corte máis tradicional. Como sinalan Drok e Fran, haberá pasarrúas, misa cantada pola Coral Airiños de Quenxe. Tamén haberá sesión vermú con Nueva moda e ao longo da tarde teremos unha festa infantil.

A verbena nocturna traerá de novo á Nueva moda e ao grupo America S.L, que está rompendo na zona. Fran comentou que este grupo xa estivo na Xunqueira, e é do melloriño que hai na zona, ata se pensaba qeu non tocaban do ben que facían. Este grupo trae grandes clásicos do pop rock de tódolos tempos.

A comisión avisa: As orquestras van tocar sen parar, unha especie de maratón, pero para eles. Dado que é mérmores, a verbena comezará ás 21:30 en punto e seguirá ata as 0:00 do tírón, e logo América continuará todo seguido, explicaba Fran Hermida. Unha primeira parte de pasodobles para os maiores e unha segunda, a partir das 0:00 para a xuventude da vila, que malia ser mércores, de seguro que cumpre, comenta con ánimo e esperanza Fran.

Xornada do sábado

Como ben indica Drok, a comisión pensando en todos organiza tamén unha festa par a mocidade. O sábado 27, comezarán os actos ás 17:00 na praza Castelao coa VI edición da Carreira Popular Vila de Corcubión e a partir das 20:00 xa avisan: festa rachada!, con churrasquiño, non de balde pero con precios populares, ademais de empanada, viño, todo amenizado polo grupo de gaitas de Pereiriña e do Grupo de Baile Nerio, explica Drok.

Fran explica o cartel da noite sabatina. Traemos un festival folk-rock, con folk e con rock, no que ofreceremos unha sorpresa, un striptease integral da comisión de festas! bromea Fran, que asegura que quedarían sós na praza. Xa en serio, Fran cóntanos cales serán os grupos que encherán a praza de música. Fol baleiro, chega cun tono máis tradicional, e logo Snach e The Hommens, traerán máis caña. The Hommens trátase do primeiro grupo de powerpop, que non sabemos moi ben o que significa, pero que está rompendo no panorama musical galego moderno., explica Fran Hermida, un crack da escena galega.

O presentadorImage

Un vello amigo de Fran Hermida, amigos daquel Rei da Comedia no que triunfaba a voz máis popular da bisbarra, será o presentador. Isi, que agora podémolo ver en Air Galicia fará de director de orquestra. Isi vainos facer escachar de risa. Traémolo para darlle un tono de humor e de que rompa o xeo da festa. Así, os paróns serán máis a menos. Isto contábanolo o propio Fran, quen está convencido de que todos os que alí esteamos vamos quedar encantados con Isi.

Agradecementos

A comisión de festas que dar as gracias a toda a poboación de Corcubión, que está aportando a cartos, ás asociación Airiños de Quenxe e Universidade Popular de Corcubión. Tamén cabe lembrar que os grupos chegan pola Secretaría Xeral de Xuventude, e coa axuda da Consellería de Cultura..

Nós tamén queremos agradecer o traballo da comisión de festas, con ese arduo traballo de colleitar cartos casa por casa.

Máis información

Fonte

  • Redacción ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com