
Atrevidos. Descarados. Divertidos. Dende Compostela chegan The Homens para revolucionar o panorama popeiro do país. Este sábado que vén, o día 27, poderemos disfrutalos na praza Castelao de Corcubión, ondenos farán bailar arreo nas festas da Mercedes. Disque a Casa Xurásica de Santiago D.C. serve de campo de probas para qeu as pequenas bandas alternativas coma Samesugas, Fame Neghra ou Redullos fixeran as súas primerias actuacións. Así comezaba todo e xa no verán do 2005, The Homens autoeditáronse o seu primeiro EP de título homónimo. Dende aquela non paran de crecer as súas raias. Aquí podedes pinchar para ver precisamente o seu Galicia a raias, co seu verdadeiramente orixinal vídeo do Calamar. Aquí, un dos seus primeiros éxitos, que no verán anterior racharon. Este é Sandra Dee seguida de Non podo máis ao vivo no programa da TVG Mundo Verbena:
Eles son Xocas (batería), Roi (baixo e voz) e Martin Wu (guitarra e voz). Veñen cun repertorio cargado de enerxía: cancións con potentes Retrousos que animan a bailar e a cantar, guitarras ácedas e un dos directos máis cachondos do país. Expoñentes senlleiros e únicos da nova onda pop que está a arrasar en Galicia, posuidores dun estilo moi fresco pero con claros antecedentes nos clásicos nova da onda británica de finais dos setenta. En breve sacarán un novo disco. TRES, un álbum que Jugada editará en formato especial: vinilo, CD e os temas en mp3 dentro dun mesmo produto de serie limitada. Estaremos para o día 15 de outubro agardando na tenda. Aquí vos deixamos cun "Desaparece" grabado na sala Mardi Gras da Coruña, no 2006.
Novas relacionadas Máis información Grupos anteriores Fonte e Máis información - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|