|
Denuncia cunha foto: Lixo na praia de Lago |
Correo-e
|
|
martes, 23 de septiembre do 2008 |
|

Hoxe, continuamos cunha serie de imaxes de denuncia pero variando un pouco de tercio. Se normalmente as fotodenuncias van encamiñadas a construcións de sospeitosa legalidade ou lexitimidade, a de hoxe é unha desas imaxes cotiás que tanto nos dan de pensar. Mariano Calles envíanos estas dúas imaxes do pasado venres nas que podemos ver a praia de Lago (Concello de Muxía). Así nolo conta el mesmo: Como a tarde estaba boa pois achegueime para tomar o sol e case non puiden pasar á area por todo o lixo que alí estaba amontoado. Preguntei aos "lugareños" que teñen alí os seus negocios que como era posible aquilo e dixéronme que estaba así desde o domingo da Barca. Pregúntome eu, tamén estará Muxía desa Guisa?. Fotodenuncias anteriores Fonte - Fotografía de Mariano Calles.
|