|
A problemática da TDT xa está en boca de todos. Mesmo nas radios e na televisión xa avisan da importancia da nova infraestrutura e de que se o apagón chegará á bisbarra o 3 de xuño ou o 31 de decembro do 2009. O caso é que pola Costa da Morte, tan afeitos a que esta clase de proxectos saian mal, temos algo de desconfianza. Para que nos conte un pouco a situación da TDT na Costa da Morte, hoxe contactamos con Mario Rodríguez Gómez, que a través da súa páxina www.tdtnacostadamorte.co.nr informa da situación da infraestrutura ademais de realizar unha colleita de firmas para a implantación da TDT na Costa da Morte. O simbolismo de que a Costa se una nunha reivindicación é o motor que fai que Mario continúe coa colleita de firmas, que pouco a pouco continúa crecendo. Con todo, conclúe que as espectativas son boas, e que malia ser gracias a varias empresas privadas, podemos agardar que nun tempo relativamente curto, a Costa da Morte conte cunhas infraestruturas de comunicación acordes coa Europa da que formamos parte. Mario é natural do Ézaro, pero vive fóra, e a punto está de incorporarse ao mercado laboral unha vez remate os seus estudos de técnico superior de telecomunicacións e sistemas informaticos. Aquí vos deixamos coa entrevista: - Como comezou todo esto da colleita de firmas?
 Esto comezou no ano 2005 cando eu tiña 18 anos. Eu empecei ca idea e ca primera versión da web, despois un amigo residente en Londres ó que lle gusta moito o diseño web axudoume. Tamén porque gracias a varios xornais, radios e a TVG tivo un apoio mediático tremendo, a avalancha de firmas foi tremenda, así que desde entón el encargábase máis ou menos da web, e eu dos medios. A partir de aí propuxémonos enviar as firmas á Xunta cando chegaran as 500, pero esa meta foi demasiado modesta xa que nuns días xa alcanzamos esa cifra, entón ó chegar as 1000 presenteime na Xunta. Fun co alcalde de Dumbría que tamén levaba un plan para a TDT na Costa da Morte, referente á construción dunhas infraestructuras no concello cas que empezar a emitir para toda a Costa. Así, faleille do tema e da iniciativa ó Secretario Xeral de Telecomunicacións, felicitoume por ela, e púxome ó día... díxome que obviamente a que reparte o sinal era Abertis-Retevision e que ó ser privada facían o que querían (eso xa o sabía, pero como excusa tampouco me valeu moito). Así, pouco máis me dixo máis aló do típico, gracias, faremos o que podamos.... Así ata hoxe. - Como está nestes intres a colleita de firmas?
Despois da reunión na Xunta a cousa estancouse un pouco, porque xa non había moito que facer, pero a xente seguía a firmar. E nós seguimos, e esperamos alcanzar outra cifra significativa, pero xa non por protestar, que todo está ó caer e pouco ruído podemos facer, senón pola simboloxía de estar todos unidos pedindo algo e os comentarios das firmas dan boa fe de ese sentimento. E ahora pois sorpréndeme que volve o apoio mediático, xa que estas últimas semanas contactaron comigo de radio Voz, do Correo Gallego e mesmo da TVG preguntando como ía o asunto, polo que vexo a xente non se olvida e eso alégrame. - Por que estás metido nesta loita?
Pois porque o día que deron o pistoletazo de saída a TDT entereime do que xa estaba cantado, que unha vez máis a Costa da Morte seguiría a cola das novas tecnoloxías, como xa acontecía e acontece co ADSL; e tamén me din de conta de que si ningunha voz se alza contra esta inxusticia a cousa seguiría así, xa que por aquí nos teñen bastante esquecidos.. ¿e que mellor voz que a de todos os veciños da costa xuntos? - Cales son as principais deficiencias das comunicacións na bisbarra?
A principal deficiencia que creo sufrimos nesta bisbarra, é foi un dos argumentos básicos da proposta para pedir a implantación da TDT na Costa da Morte, é que o sinal da TV analóxica é deficiente en moitos dos puntos, debido en gran parte a oreografía do terreo. Ca TDT esta deficiencia quedaria prácticamente subsanada, polo que a proposta non é por un capricho sinon por unha necesidade. En moitos outros núcleos a TV vese perfectamente, pero aínda asi existe a TDT, gustaríame saber que tipos de criterios elixen a hora de empezar a desplegar o sinal. Outra gran deficiencia é a do ADSL, ata fai uns anos solo chegaba a grandes núcleos, na Costa da Morte podíanse contar cos dedos das mans, sin esaxerar. Fai un ano apareceu o maior timo que telefonica puido crear, o "ADSL rural" que ofrecia a pequenos núcleos de poboación unha velocidade de tan so 512kbps a un precio que rondaba os 40€, aquelo era para rir ou chorar.. pero por necesidade a demanda foi alta. Ahora gracias unha vez máis ó apoio das multitudes, cunha gran colleita de firmas a nivel nacional consegueuse eliminar o ADSL Rural, e poder ter velocidades nesas mismas poboacións de hasta 3Mb a prezo mais económico. Neste aspecto por ahora non hay queixa; a lástima e que sean os veciños os que teñan que alzar a voz unha vez mais, en vez do goberno. - Qué reivindica a colleita de firmas?
 Reivindícase o que nos corresponde, ter a Costa da Morte a altura do que se merece técnoloxicamente falando. E unha auténtica vergoña ver que unha zona turistica por excelencia, que tamén conta con unha importante industria e que medra cada día máis quede atrasada tanto nas telecomunicacións como en infraestructuras cando hai zonas de España e Galicia con menos importancia mellor dotadas, creo que non recibimos o trato que nos corresponde, e temolo que facer saber. - Cales son as espectativas reais de cara o futuro das comunicacións na nosa bisbarra?
Pois vexo que moi pronto poderemos disfrutar por fin da TDT na nosa comarca. Non porque o goberno e a empresa privada Abertis-Retevisión poñan de repente os ollos en nós, senón porque a data limite está cerca e esperábase unha cobertura case completa en Galicia para mediados do 2009. De todas formas, e todo hai que decilo, o goberno a través da empresa Retegal que leva tempo preparando insfraestructuras para a TDT, xa nos achegou a TV pública en TDT ás nosas comarcas fai dous anos, o único que se pode ver por ahora dende aquí; excluindo a Fisterra que curiosamente reciben o sinal da TDT completo rebotado dende Vigo. En canto o tema do ADSL non vexo que a cousa vaia a avanzar. Vivimos nunha zona con núcleos de poboación bastante illados, e por agora conseguimos, non sin esforzo, que en ditos núcleos chegue unha velocidade relativamente boa a un prezo que aínda que sexa bastante superior ó que se pagaría nunha cidade, tampouco se considera excesivo. O que ten agora que pensar Telefónica é se lle compensa aumentar a súa rede de fibra óptica máis cara esta zona para así poder aumentar a velocidade abaratando as cotas de aboamento e polo tanto conseguer máis demanda por parte da poboación. Unha boa noticia, neste aspecto, tamén é que o xigante das telecomunicacións galego "R", ten previsto extender a sua rede por toda a Costa da Morte, xa que por ahora solo chega ata Ponteceso. Esa sería unha gran noticia, pola calidade que supón, tanto de internet de banda ancha (o mellor proveedor español, e un dos mellores de europa é R), como polo resto de contidos que ofrecen, como son a TV de pago e unha opción mais a elexir de telefonía móbil. En resumen as espectativas son boas, de feito anos atrás cando todo se vía tan negro era casi impensable que este salto cualitativo se pudera levar a cabo. Os próximos anos deparanos unha TV de calidade, sen as típicas interferencias as que tanto estamos acostumados; unha conexión de banda ancha da que non se poderá ter queixa e da que seguro se acabará cada vez máis abaratando o prezo; e unha telefonía móbil como a que temos ahora, con un porcentaxe de cobertura grandisimo dada as dificultades oreograficas das que contamos.En fin, sen queixa... o malo, sen queixa pero grazas as empresas privadas. Máis información Ademais de poder firmar en www.tdtnacostadamorte.co.nr, podedes botar un ollo a outro dos puntos informativos que crea Mario. www.estadodigital.net repasa a actualidade da "emulación" de digital +; un blog sinxelo, totalmente dentro da legalidade; pero do que xa tivo máis de 140.000 visitas nun só día. O que tira a pirateria... Novas relaciondas Fonte - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|