Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Deporte, xantar e boa música, todo nun día de Mercedes en Corcubión  Correo-e
lunes, 29 de septiembre do 2008

Image

A vila de Corcubión vivíu a segunda xornada de festa das Mercedes para este 2008. A comisión de festas, pensando na mocidade, artellou un sábado de concertos cheo de música galega de calidade, que continuaba un día cargado de eventos. Subiron ao escenario da praza de Castelao Fol Baleiro, Snatch e nada menos que The Homens, gracias á Secretaría Xeral de Xuventude, e todo misturado pola batidora de Isi, o da TVG, deu coma resultado unha noite de diversión en familia.

E dicimos en familia porque o pobo de Corcubión non respondeu. Se o mércores as orquestras enchían a praza de xente de tódalas idades, o sábado, cando a mocidade tiña que responder aos esforzor feitos pola comisión, ficaban no seu lugar de tódolas fines de semana coas súas botellas baixo o brazo.

VI Carreira PopularImage

Pero non todo foi festa, senón que a tarde comezaba coa VI Edición da Carreira Popular Vila de Corcubión. Finalmente, e con máis de 300 participantes foi o rapaz de Sadiñeiro Nicolás Iglesias o que quedou campión da proba. De seguido entraba Javier Novo, de Brens e Julio Rodríguez, do Ézaro.

No resto de categorías houbo varios gañadores corcubioneses e doutros puntos da bisbarra. Así en prebenxamíns, os gañadores foron os corcubioneses John Moret e Erica González. Unha categoría máis alta, os benxamíns Adrián Toba, de Cee e a corcubionesa Marta Santiago foron os campións. Alevíns quedaron gañadores o esteirán Rafael Piñeiro e Cristina Rodríguez; mentres que o trofeo da categoría infantil foi para o ceense Iván Bouzón e o cadete para o corcubionés Yago Lema. Finalmente, o premiro veterán foi a Vimianzo, dende onde viña, Xoán Ramón Fernández.

Baile, gaitas e churrasco

Os prezos populares e o bo facer dos grupos de Gaitas de Pereiriña e do Baile Nerio de Corcubión encheron a praza de xente. o churrasco na man, os corcubioneses disfrutaron das actuacións típicas e quedaron encantados.

Os concertosImage

Fol Baleiro conseguíu levantar a base de tradición á moita xente que quedaba na praza logo dos pinchos. A xente máis maior quedou a ver o folk da banda da zona Fol Baleiro. Frescos e tradicionais fixeron bailar en corro a grupos de pequenos e maiores.

Un pouco máis tarde, e logo de que Isi e Fran Hermida, que vemos na imaxe de arriba, contaran varias historias e fixeran cantar a máis dun, chegaban Snatch. Cun retraso que xa mandara para casa á metade da praza, o clásico r&r da banda compostelana tomaba o escenario ante a escampada popular. Á dereita vémolos en escena.

Mantiveron o tipo e cunha morea de temas propios en mesturando galego e inglés, toques de funki e blues ben interesantes e algunha que outra versión (como unha atrevida de Janis Joplin) enchían de son unha xa fría praza. O prato forte agardaba botando un ollo dos Snatch.

E chegaron a raiasImage

Como recén saídos de Teixeiro, The Homens apareceron en escena. Con gañas de festa comezaron cos seus divertidos temas power-pop aliñados coa pegadiza voz de Martin Wu (que vemos na foto da dereita), a cañera batería do Xocas, cun baixo moi alto nas mans de Roi e cun do teclado que deixaba escoitar un son denso e de calidade.

Pouco a pouco a xente duise animando e o concerto rematou cunha praza entregada. Non estaba chea, nin muito menos, pero os que quedaron disfrutaron dunha banda que dará a bo seguro, que falar a nivel peninsular.

Novas relacionadas

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com