doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A pérdida de servizos pola segregación de Arriva é evidente  Correo-e
jueves, 09 de agosto do 2007

A segregación de Arriva, a empresa que anteriormente daba o servizo de transporte en autobús para toda a Costa da Morte, está a supoñer un problema grave para case todos os usuarios habituais deste servizo.

En Que Pasa na Costa ante a preocupación da bisbarra por esta segregación propuxémonos facer unha análise de como queda o servizo en cada un das vilas da Costa.

Hoxe imos comenzar analizando dúas das liñas máis perxudicadas, os enlaces entre Muxía e Camariñas con Cee.

Recordemos que en Cee se atopa o hospital de referencia para a Costa da Morte, o Virxe da Xunqueira, polo que a conexión con esa vila é basica para todos os cidadáns da Costa.

Dende o 23 de Xullo o servizo está a ser prestado pola empresa Monbus que é a encargada tamén das liñas Santiago - Muros - Cee - Fisterra e de outros traxectos dentro da Costa da Morte.

Comparativa co anterior servizo de Autobuses

Cee - Camariñas Con Arriva
  • 4 buses de Luns a Venres
  • 1 bus os Sábados
  • 1 bus os Domingos
Cee - Camariñas Con Monbus
  • 2 buses de Luns a Venres
  • Ningún bus os Sábados
  • Ningún bus os Domingos
Cee - Muxía Con Arriva
  • 4 buses de Luns a Venres
  • 1 bus os Sábados
  • 2 buses os Domingos
Cee - Muxía Con Monbus
  • 2 buses de Luns a Venres
  • Ningún bus os Sábados
  • 2 buses os Domingos

Polo tanto, os días de diario perdeuse o 50% do servizo e os sábados desaparece o único servizo que había nestas liñas. Con estos datos que vos estamos a dar parécenos moi díficil que se estea a cumprir o que din desde a administración, que coa segregación non se perderon servizos na bisbarra.

Desprazarse un domingo

Se queremos ir un domingo a Camariñas dende Cee non podemos ir de forma directa, así que buscamos a alternativa que parece máis lóxica vendo os horarios da empresa Monbus na estación de Cee, coller un bus ata Muxía e de alí un ata Camariñas.

Saída de Cee destino Muxía os domingos

  • 16:00
  • 18:30

Saida de Muxía destino Camariñas os domingos

  • 18:00

O que nos queda polo tanto é coller o bus das 16:00 horas a Muxía onde chegaremos sobre as 17:00 horas. Temos que esperar ata as 18:00 a que saia o autobús de Muxía cara Camariñas a onde chegamos finalmente sobre as 18:15.

Duración total da viaxe: 2 horas 15 Minutos, sen comentarios.

Teríamos máis alternatias de chegar a Camariñas dende Cee o Domingo, pero para iso teríamos que saber os buses das outras rutas que van a Camariñas e fan paradas en Baio ou Vimianzo para así poder coller un bus dende Cee e enlazar con eles para chegar finalmente a Camariñas.

Dende Que Pasa na Costa estamos tentando recoller esta información, pero nos faltan os horarios prometidos pola empresa Monbus. Tentaremos obter todos estos horarios e poñelos a disopsición de todos vos.

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com